Traballos de campo
Os traballos de campo consisten na recollida da información por parte dos enquisadores. Esta recollida pode facerse por varios métodos:
- Entrevista presencial
- Recollida telefónica
- Cumprimentando un cuestionario on-line
Neste punto é fundamental o traballo do enquisador, xa que entre as súas funcións atópanse: localizar e contactar coa persoa que vai enquisar, describirlle a enquisa, responder as dúbidas que xurdan durante a realización do cuestionario e tomar nota de todas as respostas.