Estimacións (II)
Imaxinemos que queremos estimar a porcentaxe de alumnos segundo a lingua na que fala habitualmente. O pasos a seguir son os seguintes:
- Entramos no EPIDAT (executamos Epidat.jar).
- Prememos en Módulos – Análise descritiva – Táboas de frecuencias.
- Prememos na icona de "Abrir táboa de datos".
- Na ventá emerxente buscamos o ficheiro de datos (DatosMostra.ods) pulsando no botón “Examinar”.
- Unha vez que temos a orixe de datos seleccionada, aparece un listado das variables dispoñibles. Seleccionamos a variable linguafala e pasámola ao recadro de “Resumir”.
- No caso de estar interesados en obter o resultado segundo o sexo do alumno, podemos coller a variable sexo e pasala ao recadro de “Segmentar resultados”
- Aceptamos e prememos o botón “Calcular”