Mostraxe estratificada (I)
Os 369 alumnos do noso centro están agrupados en cursos. Imaxinemos que estamos interesados en analizar se existen diferenzas no uso do galego en función do curso e comparar, por exemplo, a porcentaxe de alumnos de primeiro da ESO que habitualmente falan galego coa de alumnos de segundo de bacharelato. Se utilizamos mostraxe aleatorio simple, non está garantido que caia mostra en todos os estratos (cursos). Neste caso é aconsellable levar a cabo unha mostraxe estratificada.
¿Como repartimos os 77 alumnos da mostra entre os 6 cursos?
Existen varias alternativas, pero as dúas máis sinxelas son:
- Que o tamaño da mostra sexa o mesmo nos 6 estratos (cursos). Neste caso habería que seleccionar 13 alumnos en cada curso.
- Que o tamaño da mostra sexa proporcional ao tamaño do estrato. Recordemos que o número total de alumnos é N=369 e o tamaño da mostra n=77. O reparto da mostra por estratos faise do seguinte xeito:
Curso | 1 ESO | 2 ESO | 3 ESO | 4 ESO | 1 BACH | 2 BAC | Total |
Alumnos (total) | N1=43 | N2=41 | N3=41 | N4=30 | N5=117 | N6=97 | N=369 |
Peso do estrato |
W1=N1/N =43/369 |
W2=N2/N =41/369 |
W3=N3/N =41/369 |
W4=N4/N =30/369 |
W5=N5/N =117/369 |
W6=N6/N =97/369 |
|
Mostra |
n1=n*W1 =77*43/369 |