Mostraxe estratificada (II)
A continuación móstranse os pasos que debes seguir para seleccionar unha mostra estratificada co EPIDAT.
- Preme en Módulos – Mostraxe – Selección de mostras – Mostraxe aleatoria estratificada
- Indica o número de estratos nos que está dividida a poboación. Neste caso son 6 estratos (cursos)
- En "reparto da mostra" debemos escoller a forma en que queremos repartir a mostra de 77 alumnos entre os 6 cursos. Vamos a seleccionar, por exemplo, o reparto proporcional ao tamaño dos estratos.
- Na entrada automática prememos na icona de “Abril datos individuais" e seleccionamos o ficheiro onde temos o listado completo do alumnado. No asistente para a obtención de datos indicámoslle ao programa a variable que queremos utilizar para a estratificación (curso).
- En tamaño da mostra indicamos 77 e prememos o botón “Distribuír”. Neste momento o EPIDAT xa nos indica candos alumnos vai seleccionar dentro de cada estrato.
- Marcamos que nos presente os resultados nun ficheiro
- Pinchamos no botón de calcular e na ventá emerxente eliximos o nome e o lugar onde queremos gardar o ficheiro coa mostra seleccionada.