Mostraxe aleatoria simple sin reposición (II)
Instalar o EPIDAT é moi sinxelo. Só tes que descomprimir o zip (Epidat_4.1.zip) e executar un dos arquivos: Epidat.jar o Epidat.bat.
Unha vez teñas aberto o EPIDAT debes seguir os seguintes pasos:
- Preme en Módulos – Mostraxe – Selección de mostras – Mostraxe simple aleatorio
- En “Tamaño de poboación” debes indicar o número total de alumnos (369) e en tamaño de mostra o número de alumnos aos que se lle vai facer a enquisa (77). Nesta ventá é conveniente que selecciones as opcións de “Ordenar mostra” e “Presentar os resultados nun ficheiro”.
- Preme na imaxe de “Abrir datos”
- Na seguinte ventá debes pinchar no botón de examinar para buscar o arquivo onde teñas gardado o listado de alumnos (Alumnos.ods). Acepta a selección.
- Finalmente preme en calcular e xa obterás o ficheiro coa mostra.