Mostraxe aleatoria simple sin reposición (I)
Dos 369 alumnos que estudan no centro seleccionamos ao chou 77.
- Todos os alumnos teñen a mesma probabilidade de ser seleccionados 77/369 = 0,2.
- Para estimar a proporción de individuos da mostra que teñen unha determinada característica, calcúlase a proporción de individuos da mostra con dita característica
Existen varios métodos para seleccionar unha mostra aleatoria simple. Na seguinte ligazón tes un exemplo de como facelo cunha folla de cálculo.
Como alternativa podes usar o programa EPIDAT: Análise Epidemiolóxica de Datos. É un programa de libre distribución desenvolvido polo Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) co apoio da Organización Panamericana de la Salud (OPS-OMS) e a Universidad CES de Colombia.
Este programa permite seleccionar a mostra dun xeito moito máis doado que unha folla de cálculo.
Partimos dunha folla de cálculo onde figuran o nome e apelidos dos nosos alumnos co curso e grupo ao que pertencen. Podes descargar o seguinte ficheiro a modo de exemplo e gardalo no teu pc.