Tamaño da mostra
¿A cantos alumnos teño que facer a enquisa?
O tamaño de mostra dunha enquisa depende de:
- A característica que se quere investigar
- O grao de confianza e precisión que se precisan
- O tipo de mostraxe
- As restricións de orzamento
O caso máis doado corresponde á mostraxe aleatoria simple sen reposición cando se quere estimar unha proporción (P). Neste caso o tamaño de mostra é:
- N: Tamaño da poboación
- k: Constante que depende do nivel de confianza fixado. Para un nivel de confianza do 95%, débese tomar k=1,96
- e: máximo erro admisible. A diferenza entre a estimación da proporción e o verdadeiro valor da proporción non debe ser maior que e
- P: proporción de individuos cunha determinada característica
- Q=1-P
Como P é a variable que se quere estimar, non se dispón do valor de P e Q antes de realizar a enquisa. Hai dúas alternativas para estimar o tamaño mostral:
- Poñerse no caso máis desfavorable e considerar P=Q=0,5.
- Obter unhas estimacións previas de P e Q a partir dunha enquisa piloto.