Difusión de resultados
A difusión de resultados debe constar de:
- As táboas de datos cos resultados da enquisa. As táboas de datos deberán conter:
- Un título claro e conciso onde se describa o contido da táboa
- No título deberán figurar o ámbito xeográfico e temporal do datos
- A fonte dos datos: organismo que realiza a enquisa e nome da operación
- Nota: non é un campo obrigatorio pero serve para facer aclaracións sobre os datos da táboa
- Non se abusará do número de decimais na táboas
- Unha metodoloxía onde se recolla toda a información que unha persoa necesite para entender o noso estudo. Debe conter os seguintes apartados:
- Poboación de referencia. Por exemplo, alumnos de 1º, 2º, 3º, 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato do IES ....
- Ámbito xeográfico. Podemos indicar os concellos de onde proceden os alumnos do centro
- Ámbito temporal (período de referencia dos datos). Neste caso indicaríamos a data na que fixemos a enquisa.
- Tipo de mostraxe
- Fórmula de cálculo dos estimadores
- Definición das variables
- Método de recollida
- Outra información que poida resultar de interese
- Cuestionario utilizado na recollida de datos
- Informe onde se recolla os principais datos obtidos