Caso práctico. Determinación do tamaño de mostra
Estudo de caso
Supoñamos que no noso centro cursan estudos de ESO e Bacharelato un total de 369 alumnos repartidos por aulas do seguinte xeito:
Curso | Grupo | Total | Homes | Mulleres |
1º ESO | A | 21 | 10 | 11 |
1º ESO | B | 22 | 11 | 11 |
2º ESO | A | 21 | 10 | 11 |
2º ESO | B | 20 | 14 | 6 |
3º ESO | A | 22 | 12 | 10 |
3º ESO | B | 19 | 10 | 9 |
4º ESO | A | 30 | 19 | 11 |
1º Bacharelato | A | 32 | 22 | 10 |
1º Bacharelato | B | 33 | 19 | 14 |
1º Bacharelato | C | 26 | 8 | 18 |
1º Bacharelato | D | 26 | 3 | 23 |
2º Bacharelato | A | 25 | 22 | 3 |
2º Bacharelato | B | 23 | 4 | 19 |
2º Bacharelato | C | 21 | 10 | 11 |
2º Bacharelato | D | 28 | 5 | 23 |
Supoñemos que estamos interesados en que a estimación da proporción de alumnos que sempre falan en galego non difira máis de 0,1 do valor verdadeiro. ¿Que tamaño de mostra é necesario? (nivel de confianza do 95%)
Polos datos obtidos na enquisa estrutural a fogares sabemos que o 13,2% dos rapaces de entre 5 e 14 anos habitualmente sempre fala en galego. Supoñamos que tomamos este valor como estimación preliminar de P (P=0,132) ¿Cal é agora o tamaño de mostra necesario? (recorda que Q=1-P)