Marco
Unha vez que temos decidido que vamos a facer unha enquisa, debemos dispoñer dun listado onde figuren todas as unidades que compoñen a poboación obxectivo. Este listado denomínase marco.
No noso exemplo, necesitamos un listado actualizado de todos os alumnos do centro por cursos e grupos. Este listado poderíase solicitar na secretaría do centro.
Pregunta Verdadeira ou Falsa
Imaxina que un concello quere facer unha enquisa aos mozos que residen no municipio para coñecer o uso que fan das instalacións deportivas e estudar posibles melloras.
Retroalimentación
Falso
Este marco ten os seguintes problemas:
- Haberá vivendas nas que non resida ningún mozo, polo que corren o risco de incluír na mostra vivendas que non son enquisables.
- Como o uso do teléfono móbil está moi estendido, haberá mozos que residan en vivendas sen teléfono fixo. É dicir, o marco non cobre toda a poboación obxectivo