Tipo de mostraxe
Mostraxe probabilística | Mostraxe non probabilística | |
Pódese calcular para cada mostra a probabilidade que ten de ser seleccionada. Os principais métodos son:
|
Neste tipo de mostraxe non existe un procedemento que garanta que a mostra é representativa da poboación. A persoa que selecciona a mostra é a que se ocupada de que a mostra sexa o máis representativa posible (mostraxe opinática). Por exemplo, o profesor pode escoller aos alumnos coas mellores cualificacións en galego do centro para gañar tempo e asegurarse de que enchesen o cuestionario correctamente. Os resultados obtidos con esta mostra probablemente estarán sesgados. |
Pregunta Verdadeira ou Falsa
Imaxina que se quere realizar un estudo sobre o consumo de alcohol entre os mozos de 15 a 25 anos. Para elo pídense voluntarios entre os membros dunha asociación xuvenil.
Retroalimentación
Falso