Estimacións (I)
Unha vez que os datos recollidos polos enquisadores están debidamente depurados xa podemos calcular as correspondentes estimacións. Como xa vimos, a fórmula de cálculo vai depender do tipo de mostraxe utilizado.
A continuación vamos ver un caso práctico de como se podería facer co programa EPIDAT, supoñendo que a mostraxe que realizamos foi aleatoria simple.
Para facer esta práctica debes descargarte o ficheiro DatosMostra.ods
Ficheiros adxuntos
Este ficheiro contén os individuos que seleccionamos na mostra coa información que se recolleu na enquisa. Supoñemos que só lle preguntamos sobre a lingua na que falan e escriben habitualmente. Esta información ven recollida en dúas variables que poden tomar os seguintes valores:
- Lingua na que fala habitualmente: LINGUAFALA
- 1: galego sempre
- 2: máis galego ca castelán
- 3: máis castelán ca galego
- 4: en castelán sempre
- 5: outra situación
- Lingua na que escribe habitualmente: LINGUAESCRIBE
- 1: galego
- 2: castelán
- 3: outra situación