Un censo é unha operación na que se recolle información de todos os individuos que forman parte da poboación obxectivo, mentres que nunha mostra se selecciona un subconxunto de individuos.
Vantaxes dun censo |
|
Inconvenientes dun censo |
- Investigación exhaustiva
- Permite un maior nivel de desagregación territorial
- Permite obter información para colectivos que normalmente non están representados nunha mostra
- Non hai erros de mostraxe
|
|
- Custo moi elevado se a poboación obxectivo é grande
- Dificultade para acceder a todos os individuos da poboación
- Alto desfase temporal entre o momento de recollida da información e o de difusión
- Dificultades técnicas á hora de manexar unha gran cantidade de información
|
|
|
|
Vantaxes dunha mostra |
|
Inconvenientes dunha mostra |
- Menor custo que un censo
- Menor desfase temporal entre o momento de recollida e o de difusión
|
|
- Non é unha investigación exhaustiva
- Se o tamaño de mostra non é o suficientemente grande o erro mostral pode ser moi elevado
- Os datos que se obteñen son estimacións
|
No caso de que o noso centro sexa pequeno e dispoñamos de suficientes medios técnicos podemos facer un censo e recoller información de todos os alumnos. Noutro caso, debemos establecer un procedemento para seleccionar unha mostra de alumnos e obter a información que nos interesa destes alumnos.