Saltar navegación

Obxectivos

O primeiro paso é definir cales son os obxectivos que se pretenden acadar coa elaboración da enquisa.

No noso exemplo  o principal obxectivo é saber cal é o grao de coñecemento e uso do idioma galego dos alumnos do noso centro.

Antes de comezar a traballar debemos considerar os seguintes puntos:

  • ¿Existe algunha outra fonte de información relacionada co estudo que vamos facer? Neste caso, o módulo de Coñecemento e uso do galego da Enquisa estrutural a fogares do IGE proporciona información por áreas xeográficas e grupos de idade da poboación.
  • ¿De que medios técnicos dispoño? ¿Con cantos alumnos podo contar para recoller a información? ¿De cantos ordenadores dispoño para gravar os cuestionarios? ... 
  • ¿Cal é o momento idóneo para levar a cabo a enquisa? A semana de exames non é o momento máis idóneo pola carga de traballo do alumnado e do profesorado.