Saltar navegación

Sectores: construción coa folla de cálculo

Vexamos agora como construír un gráfico de sectores cunha folla de cálculo de excel paso a paso:

Paso 1: Seleccionar os datos

Imos traballar cos datos de estudantes matriculados nas universidades galegas segundo rama de coñecemento e sexo no ano 2014. Neste caso o que buscamos é coñecer a distribución do alumnado total entre as distintas ramas de coñecemento polo que a táboa de datos que debemos construír é a seguinte:

Podes descargar a táboa de datos en excel premendo no botón "Descargar datos" na seguinte ligazón á páxina web

Paso 2: Inserir o gráfico

Seleccionamos o rango de datos que queremos representar na gráfica de sectores que neste caso, como o que nos interesa é mostrar o número de alumnos totales segundo a área científica, seleccionaríamos o rango de celas A9:B13.
É moi importante NON seleccionar a categoría co total de alumnos, que corresponde á primerira liña da táboa, porque se incluímos o "Total" na gráfica mostraríase unha porción de torta (concretamente a metade do círculo) con esta categoría e desvirtuaría a gráfica de sectores.

Cos datos seleccionados accedemos á pestana inserir, prememos en "Circular" e seleccionamos o gráfico de sectores que queramos, neste caso escollemos a máis sinxelo:

Proba a facelo no excel que descargaste no paso 1, o gráfico resultante debe ser moi similar ao seguinte:

Paso 3: Agregar as etiquetas e o titulo

No gráfico que temos neste momento non aparecen os rótulos das procentaxes que corresponden a cada categoría, para incluílos, coa gráfica en edición, tes que seleccionar na pestana de "presentación" das "ferramentas de gráficos" as etiquetas de datos. No menú despregable seleccionamos "máis opcións de etiqueta de datos..." e na xanela emerxente marcamos "Porcentaxe" para que en cada categoría da variable se amose a porcentaxe que representa sobre o total.

Nesta xanela poderemos tamén seleccionar onde queremos que se mostren estas etiquetas: centro, extremo interno,...

a mesma pestana de "presentación" das "ferramentas de gráficos" temos a opción de inserir o título do gráfico na posición que desexamos:

No portal educativo tes máis exemplos de como facer gráficos de sectores coa folla de cálculo e un video demostrativo feito con OpenOffice Calc, preme neste ligazón para acceder e practicar.