Saltar navegación

Gráfico de barras

O gráfico de barras é un dos métodos máis empregados para representar variables cualitativas ou cuantitativas discretas como poden ser:

O número de empresas en Galicia no ano 2013 segundo o tamaño (número de asalariados) :

  

Acceso á táboa de datos na web

Ou as persoas segundo a lingua na que falan habitualmente:

   

Acceso á táboa de datos na web

Este tipo de gráfico pódese empregar tanto para comparar as magnitudes das diversas categorías, como se amosa nos gráficos anteriores, como para estudar a evolución no tempo dunha variable. No seguinte gráfico represéntanse os turismos matriculados en Galicia ao longo do tempo:

Parque de turismos en Galicia

Podes consultar os datos desta táboa na seguinte ligazón