Nova do 11/03/2012
Sete de cada dez españois creen que a Monarquía é positiva para España. O máximo representante da Monarquía, o Rei, é valorado moi positivamente polos españois. As catro actuacións de Don Juan Carlos relacionadas con asuntos concretos que se incluíron no cuestionario suscitaron máis aprobacións que desaprobacións. O 79% dos enquisados aproban a resposta que deu o Rei ao presidente de Venezuela cando lle dixo: <<¿Por qué no te callas?>> O 77% apoia a actuación do Monarca durante o golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 e o 72%, a súa actuación en relación co terrorismo de ETA.
A actuación menos plausible, en opinión dos enquisados, foi a relacionada coas actividades empresariais de Iñaki Urdangarín, aprobada polo 44% dos entrevistados e desaprobada polo 42%.

Escolle a resposta correcta: