Saltar navegación

Construción dun mapa fixo

Na páxina web do IGE contamos cunha aplicación que nos permite debuxar mapas de forma moi sinxela a partir das táboas de datos con desagregación municipal ou comarcal. Proporciónanse dous tipos de mapas: mapas fixos e mapas dinámicos. Os primeiros son soportados por calquera tipo de navegador.

Para construir o mapa temos que seleccionar en columnas a variable que queremos representar e en filas o espazo xeográfico.

Actividade de lectura

Se queremos representar a idade media da poboación dos concellos galegos seleccionaremos en columnas idade media e en filas os concellos.

Podemos seleccionar un ou varios anos en columnas e escolleremos, unha vez construída a táboa, o ano que queremos representar.

Consulta a táboa que imos representar na seguinte ligazón

Unha vez que temos a táboa de datos seleccionamos "mapa fixo"; a aplicación pregunta o número de columna que queremos representar, neste caso representaremos a idade media da poboación dos concellos no ano 2013, que se atopa no columna 12: