Saltar navegación

Barras: eixos e valores

O diagrama máis habitual é o correspondente a barras verticais que se constrúe situando no eixo horizontal os valores da variable en orden crecente e sobre elas, paralelamente ao eixo vertical levántanse barras ou columnas de igual base e de lonxitude igual ás frecuencias que se queren representar:

Nacementos en Galicia, ano 2013, segundo a idade da nai

Nacementos     

Accede á táboa de datos na web

Nun gráfico de barras pódense representar valores absolutos ou relativos. Se os valores son relativas ou porcentaxes, a suma das lonxitudes de todas as barras é igual á unidade ou 100:

Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente (Porcentaxes)

   

Acceso á táboa de datos

O gráfico de barras tamén pode ter orientación horizontal: as categorías sitúanse no eixe vertical e as barras medran horizontalmente. Este tipo de gráfico adoita empregarse cando as categorías ou os seus nomes son moi longos:

Taxa de paro para Galicia e os países da Unión Europea. Ano 2012