Saltar navegación

Construción dun mapa dinámico

Nota

Os mapas dinámicos están implementados no estándar SVG. Estes gráficos xa están soportados de forma nativa polos navegadores web recentes.

Unha vez que tes seleccionada a táboa de datos para construír un mapa dinámico tes que premer "Ver mapa dinámico" e coma no caso dos mapas fixos seleccionar a columna que queres representar no mapa.

Os mapas dinámico diferéncianse dos mapas fixos nos seguintes aspectos:

Definición dos intervalos

Ofrecen a posibilidade de modificar os intervalos que por defecto aparecen nos mapas fixos mediante o botón Definir intervalos. Permite tres posibilidades:

  • Intervalos con rexistros iguais: a porcentaxe de rexistros dentro dos intervalos é aproximadamente a mesma para todos
  • Intervalos que se basean nos valores acumulados da variable representada
  • Intervalos personalizados: o usuario pode elixir os intervalos que máis lle interesen segundo as súas necesidades, modificando os que lle aparecen por defecto.

Elabora o mapa do indice de envellecemento dos concellos galegos para o ano 2013 cos seguintes intervalos: menor de 100, maior e igual a 100 e menor de 300 e maior ou igual a 300

Acceso á táboa de datos na web

Outras funcionalidades

Ademais os mapas dinámicos inclúen as seguintes funcionalidades:

  • Pódense visualizar os datos representados mediante o botón "Ver datos"
  • Posibilidade de pinchar sobre un concello ou comarca (co botón esquerdo do rato) para que quede fixo o nome do concello e o valor da variable representada.
  • Permiten facer zoom sobre o mapa mediante os botóns + e - e tamén se pode desprazar o mapa sobre a pantalla na que se encontra mediante as frechas situadas no panel dereito.

Selecciona o teu concello co botón esquerdo do rato e fixa o valor do indice de envellecemento

Gardar mapa

Na pestana "Descargar mapa como gráfico" que se atopa debaixo do mapa poder descargar o mapa coma unha imaxe para incorporalo noutros documentos