Saltar navegación

Liñas: construción

O gráfico de liñas é moi sinxelo de construír tanto coa ferramenta da web como cunha folla de cálculo.

Na web do IGE

Faremos un gráfico que represente a evolución das importacións e das exportacións ao longo do tempo.

Ao seleccionar a táboa cos datos que queremos representar hai que ter en conta que ten que estar construída dun xeito determinado para que a gráfica saia como nos interesa:

  1. En columnas debemos colocar os anos
  2. En filas podemos colocar todas as categorías que queiramos representar, neste caso o tipo de comercio; as importacións e as exportacións.

Comercio exterior e intracomunitario

A táboa non se mostra completa, podes acceder á taboa completa na seguinte ligazón

Preme no botón "ver gráfico" e selecciona o gráfico de liñas

Nunha folla de cálculo

No seguinte vídeo móstrase como elaborar un gráfico de liñas coa folla de cálculo OpenOffice Calc