Sectores: construción na web do IGE
Como no caso do diagrama de barras poderemos xerar gráficos de sectores tanto cunha folla de cálculo como coa ferramenta de gráficos da web do ige.
Para constuír un gráfico de sectores a partir dunha táboa na web do ige o proceso é moi similar ao estudado para xerar un gráfico de barras e consta dos seguintes pasos:
Paso 1: Seleccionar a táboa de datos
Neste caso imos representar as persoas que saben falar en galego segundo o sepan falar na seguinte escala: Moito, bastatante, pouco ou nada.
A táboa da datos que temos que construir na web ten a seguinte estrutura:
Persoas que saben falar en galego
Unidade: Número de persoas de 5 ou máis anos
Acceso á táboa de datos na web do IGE
Hai que ter en conta que a táboa ten que estar construída dun xeito determinado para que a gráfica saia como nos interesa:
- As categorías da variable que queremos representar deben estar colocadas nas columnas (neste caso serían: moito, bastante,..).
- Non debe aparecer seleccionada a categoría "Total" que mostra o número total depoboación de 5 ou máis anos.
- Non podemos ter máis dunha categoría en filas.
Paso 2: Selecciona o gráfico
Para ver o gráfico só tes que premer na pestana "Ver gráfico", por defecto móstrase o gráfico de barras:
e selecciona o gráfico de sectores
Paso 3: Gardar o gráfico
Do mesmo xeito que no gráfico de barras podes gardar o gráfico como unha imaxe premendo sobre ela co botón dereito do rato e seleccionando a opción "Gardar imaxe como ..."