Mercado laboral Actividade 2: os cambios do mercado laboral no último século
FICHA DA ACTIVIDADE
Obxectivos:
- Analizar os cambios da poboación galega en relación coa actividade económica no último século.
- Estudar a incorporación da muller ao mercado laboral.
- Coñecer os cambios da poboación ocupada segundo o sector onde desenvolve a súa actividade económica.
- Analizar o diferente comportamento do mercado laboral nas catro provincias galegas.
Palabras clave:
- Idade laboral: en España, a idade mínima legal para que unha persoa se poida incorporar ao mundo laboral é os 16 anos. Cando se faga referencia á poboación en idade laboral estase considerando a poboación de 16 ou máis anos.
- Activos: é o conxunto de persoas de 16 ou máis anos que subministran man de obra para a produción de bens e servizos económicos ou que están dispoñibles e fan xestións para incorporarse á produción. Activos = ocupados + parados.
- Ocupados: son as persoas de 16 ou máis anos que teñen un traballo por conta allea, é dicir que traballan para outra persoa ou empresa (asalariados), ou exercen unha actividade por conta propia.
- Parados: son parados todas aquelas persoas de 16 ou máis anos que están sen traballo, dispoñibles para traballar e buscando activamente emprego.
- Inactivos: son todas aquelas persoas de 16 ou máis anos non clasificadas como ocupadas ou como paradas. Estarían incluídos: amas de casa, estudantes, xubilados, incapacitados para traballar, etc.
- Poboación contada a parte:ata o mes de decembro de 2001 os homes que cumprían o servizo militar (ou servizo civil obrigatorio) clasificábanse como poboación contada a parte; isto é, non se incluían entre os activos nin entre os inactivos. Desde o día 1 de xaneiro de 2002 suprímese o servizo militar obrigatorio polo que tamén desaparece esta categoría.
Coñecementos previos necesarios:
Cuestións a resolver:
Coa información que se facilita no ficheiro Datos_Economia.xls deberás poder responder as seguintes preguntas:
- A partir da clasificación da poboación en relación coa actividade económica, calcula as taxas de actividade, ocupación e paro para os anos 1910, 1981, 1991, 2001 e 2010.
- Comenta brevemente como evolucionaron estas taxas nos últimos 100 anos.
- Calcula as taxas de ocupación por provincias e por sexo para os anos 1910 e 2010. Elabora as correspondentes gráficas de barras e compara os resultados.
- Debuxa gráficas de "tartas ou sectores" coa distribución da poboación ocupada por sectores de actividade para os anos 1910, 1981 e 2010.
- ¿Que porcentaxe de ocupados traballaba no sector primario no ano 1910?.....................................(%)
¿E nos servizos?.....................................(%)
- ¿Cal é o peso do sector primario en 2010?.....................................(%)
¿E o do sector servizos?.....................................(%)
- Do total da poboación inactiva de 1910, ¿que porcentaxe eran homes?.....................................(%)
¿E mulleres?.....................................(%)
- E para o ano 2010, ¿que porcentaxe do total da poboación inactiva supoñen os homes?.....................................(%)
¿E as mulleres?.....................................(%)
- No ano 1910:
- ¿Cal era a situación de inactividade máis habitual entre as mulleres?.....................................
¿Que porcentaxe representaba sobre o total de mulleres inactivas?.....................................(%)
- ¿Cal era a situación de inactividade máis habitual entre os homes?.....................................
- No ano 2010:
- ¿Cal é a situación de inactividade máis habitual entre as mulleres?.....................................
¿Que porcentaxe representa sobre o total de mulleres inactivas?.....................................(%)
- ¿Cal é a situación de inactividade máis habitual entre os homes?.....................................
¿Que porcentaxe representa sobre o total de homes inactivos?.....................................(%)
Descarga de datos
Descarga da ficha en pdf
Consideracións previas que hai que ter en conta antes de comezar a traballar
No desenvolvemento desta actividade utilízanse datos dun período temporal moi amplo. Isto trae consigo algunhas dificultades engadidas á hora de tratar os datos:
- Cambia a clasificación da poboación en relación coa actividade económica. A comezos do século XX o paro era un fenómeno "residual", polo que se utilizaban case en exclusiva os conceptos de poboación "activa" e "improdutiva". Os parados estaban incluídos dentro desta última categoría. Na medida do posible tratouse de adaptar os datos á clasificación actualmente vixente.
- Cambia a idade laboral. Na actualidade a idade mínima para incorporarse ao mercado laboral son os 16 anos. Isto non sempre foi así. A comezos do século pasado non era raro que rapaces menores desa idade xa traballasen para poder aportar ingresos ás familias que contaban con poucos recursos. Para que os datos sexan o máis homoxéneos posible, nesta actividade utilizarase unicamente a poboación de 12 ou máis anos.
- As situacións de inactividade tamén variaron neste século. No censo de 1910 en "improdutivos" existía unha categoría dedicada a mendigos, vagabundos e prostitutas.
- No censo de 1910 existe unha importante cantidade de persoas ocupadas (o 11%) que non se poden clasificar en ningún sector de actividade, dado que aparecen como "empregados, xornaleiros, peóns, ..." sen especificar o sector onde desenvolve a súa actividade.
¿Crees que aumentou ou que diminuíu a taxa de actividade nos últimos 100 anos?
A taxa de actividade permite coñecer a proporción de poboación que forma parte da "forza laboral", ben porque están traballando ou porque están buscando activamente un emprego.
Nas seguintes gráficas podes analizar a evolución da taxa de actividade desde 1910. Lembra que para calcular esta taxa de actividade só tes que considerar a poboación activa dividida pola poboación en idade laboral e multiplicar este cociente por cen.
Taxa de actividade por sexo e provincia |
|
|
|
|
|
Fonte: IGE, INE. Censos de poboación IGE-INE. Enquisa de pobaoción activa |
Se non che saen estas gráficas podes premer no seguinte enlace para aprender a facelas paso a paso
A partir das gráficas anteriores trata de dar resposta as seguintes preguntas:
- ¿É maior a taxa de actividade feminina ou a masculina?
- ¿Como evolucionou a taxa de actividade masculina?¿e a feminina?
- ¿Aumentaron ou diminuíron as diferenzas entre as taxas de actividade masculina e feminina?
- A principios do século pasado as diferenzas entre as taxas de actividade por provincias non son moi importantes, pero a partir do censo de 1991 obsérvase que as provincias da Coruña e Pontevedra presentan valores máis elevados que as de Lugo e Ourense. ¿A que crees que se pode deber este feito?. Como axuda podes botar man da seguinte táboa
|
Índice de envellecemento |
|
1981 |
2010 |
A Coruña |
39,6 |
134,3 |
Lugo |
70,7 |
209,1 |
Ourense |
60,7 |
214,8 |
Pontevedra |
31,5 |
105,6 |
Fonte: IGE. Indicadores demográficos
Este índice de envellecemento calcúlase como a relación da poboación de 65 ou máis anos entre a poboación menor de 20 (multiplicando o resultado por cen). Un valor superior a 100 deste índice indica que hai máis xente maior de 64 anos que mozos menores de 20. Ademais canto maior sexa o índice maior é o grado de envellecemento da poboación.
¿Cambiaron as clases de inactividade neste período?
A partir dos datos presentados no ficheiro Datos_Economia.xls podemos elaborar un gráfico de barras apiladas coas situacións de inactividade segundo o sexo para os anos 1910 e 2001. Premendo na seguinte ligazón poderás ver paso a paso como elaborar este tipo de gráficas.
Poboación inactiva segundo sexo e clase de inactividade |
|
|
Fonte: IGE,INE. Censos de poboación |
A partir dos datos Datos_Economia.xls e das gráficas anteriores trata de resolver as seguintes preguntas:
- Do total da poboación inactiva existente en 1910, ¿que porcentaxe eran mulleres? ¿e homes?
- ¿A que se dedicaban a maior parte das mulleres inactivas de 1910? ¿e dos homes?
- ¿Cal é a clase de inactividade máis habitual entre os homes e as mulleres en 2001?
- Calcula a taxa de inactividade masculina e feminina para os anos 1910 e 2001. Interpreta os resultados
¿Como cambiou o fenómeno do paro en Galicia?
Neste enlace podes ver como calcular as taxas de paro e elaborar as correspondentes gráficas.
- Ata os anos 70 as cifras de paro eran moi baixas. ¿A que atribúes este feito?
- ¿Que colectivo homes/mulleres é o máis afectado polo fenómeno do paro?
- ¿En que provincias é menor a taxa de paro? ¿Como relacionas isto cos valores que toma a taxa de actividade nestas provincias?
- ¿Como evolucionou a taxa de paro? Ten en conta que nos anos 2001 e 2005 producíronse uns cambios metodolóxicos que provocan unha "ruptura" nas series de paro, tal e como podes observar na última gráfica.
|