Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Mercado de traballo
Exercicios


  1. ¿Cal cres que é a provincia galega con maior taxa de paro? Comproba a veracidade da túa afirmación calculando a taxa de paro das catro provincias galegas a partir dos datos que podes descargarte pinchando no seguinte enlace. Poboación en idade laboral segundo a súa relación coa actividade económica.

  2. Calcula a taxa de actividade en Galicia para os seguintes grupos de idade: "total", "de 16 a 24 anos", "de 25 a 54 anos", "de 55 e máis anos", a partir dos seguintes datos.
    • ¿En que grupo de idade é maior a taxa de actividade?
    • ¿Cal cres que é a situación de inactividade máis habitual para o grupo de idade "de 16 a 24"?, e no ¿de "55 e máis anos"?

  3. A partir dos seguintes datos calcula a distribución porcentual da poboación inactiva na túa provincia segundo a clase de inactividade. A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra.

  4. Pinchando aquí podes consultar a poboación ocupada por provincias e por sectores de actividade económica. Trata de responder as seguintes preguntas:
    • ¿Cal é o sector que maior porcentaxe de traballadores ocupa en Galicia?
    • ¿En que provincia ten máis peso o sector primario?, ¿e a industria?
    • Representa nun gráfico de sectores a distribución da poboación ocupada segundo o sector de actividade da túa provincia. Interpreta a gráfica resultante.

  5. ¿En que comunidade autónoma española lle resulta máis caro a un empresario empregar a un traballador? ¿E máis barato?
    Elabora un ranking das 3 comunidades onde resulta máis caro e máis barato empregar a un traballador a partir dos datos que podes consultar no seguinte enlace.
    A partir das instrucións do apartado de Representacións gráficas elabora unha gráfica de barras onde representes os custos laborais por traballador de todas as comunidades autónomas.