Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Mercado laboral
Actividade 2: os cambios do mercado laboral no último século


¿Como elaborar os gráficos da taxa de actividade segundo xénero e provincia?

Aquí darémosvos os pasos a seguir para elaborar a gráfica da taxa de actividade segundo o sexo e a provincia para o ano 1981. Para o resto dos anos faríase de maneira totalmente análoga.

  1. Abrimos un libro de Excel novo e copiamos nunha folla deste libro a primeira táboa da folla de 1981 do libro Datos_Economia.xls
  2. Xusto debaixo da táboa, ou onde a ti che pareza mellor, calculamos as taxas de actividade segundo o sexo e a provincia. A taxa de actividade masculina na provincia da Coruña calcularíase como o total de homes activos na Coruña (283.418) entre o total de homes nesa provincia (383.522). Para mostrar o resultado en porcentaxe, multiplicamos ese cociente por cen.

    De igual xeito calculamos o resto das taxas:

  3. Unha vez calculadas todas as taxas de actividade só resta facer as gráficas. Para iso seleccionamos todo o rango de celas onde temos calculadas as taxas, incluíndo as cabeceiras (homes/mulleres) e o nome das provincias. Neste exemplo desde a cela A17 ata a C21.
  4. A continuación, na barra menús seleccionamos "Insertar" e unha vez se mostren as opcións prememos en "Gráfico".
  5. No asistente para gráficos, en tipo de gráfico deixamos o que nos mostra por defecto "Columnas" e en subtipo "Columna agrupada"

  6. Prememos o botón "Seguinte" e comprobamos que o rango de datos é o que efectivamente queremos que se mostre.

  7. Para rematar pinchamos no botón "Finalizar" e obteríamos a gráfica da taxa de actividade segundo o sexo e a provincia para o ano 1981.

Para os anos restantes o procedemento a seguir sería totalmente análogo.

Se precisas máis información de como facer representacións gráficas podes consultar o apartado de REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS do portal educativo