Portal educativo IGE

Mercado laboral
Actividade 2: os cambios do mercado laboral no último século


ver o mapa do portal

¿Como facer as gráficas da distribución porcentual da poboación ocupada segundo os sectores de actividade e o sexo?

Aquí darémosvos os pasos a seguir para elaborar a gráfica da distribución porcentual da poboación ocupada segundo os sectores de actividade e o sexo para o ano 1981. Para o resto dos anos poderíase facer de maneira totalmente análoga.

  1. Abrimos o libro de Excel Datos_Economia.xls e situámonos na folla do ano 1981
  2. Seleccionamos os datos que queremos representar na gráfica.

    Hai que ter en conta que para este tipo de gráficas apiladas non debemos seleccionar a fila do total (para os sectores) nin a columna do total (para o sexo). Para facer esta selección primeiro seleccionamos desde a celda A19 ata a A23 e mantendo pulsada a tecla Control seleccionamos o rango de celas C19:D23.
  3. A continuación, na barra menús seleccionamos "Insertar" e unha vez se mostren as opcións prememos en "Gráfico".
  4. No asistente para gráficos, en tipo de gráfico deixamos o que nos mostra por defecto "Columnas" e en subtipo "Columna 100% apilada"

  5. Prememos o botón "seguinte" e seleccionamos a opción "Series en filas"

  6. Como podedes ver no eixe de abscisas aparecen os números "1" e "2" que se corresponderían co sexo: "homes" e "mulleres". Se queremos que nos apareza na gráfica o nome das categorías só temos que pinchar na pestana "Serie" e en "Rótulos do eixe de categorías (X)" pinchar no cadrado que ten a frecha vermella e seleccionar as celas que teñen os nomes das categorías (C17:D17)

  7. Para rematar pinchamos no botón "Finalizar"

    Para os anos restantes o procedemento a seguir sería totalmente análogo.

    Se precisas máis información de como facer representacións gráficas podes consultar o apartado de REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS do portal educativo