Mercado laboral Actividade 2: os cambios do mercado laboral no último século
¿Como facer as gráficas de sectores?
Aquí darémosvos os pasos a seguir para elaborar a gráfica da distribución da poboación ocupada segundo os sectores de actividade para o ano 1981. Para o resto de anos faríase de maneira totalmente análoga.
- Abrimos o libro de Excel Datos_Mercado_Laboral.xls e situámonos na folla do ano 1981.
- Xusto debaixo da táboa, ou onde a ti che pareza mellor, copiamos as dúas primeiras columnas da táboa de "Poboación de 16 ou máis anos ocupada segundo o sector de actividade. Ano 1981 ".
Tratamos de colocar os datos de modo axeitado para que a gráfica nos saia da maneira máis inmediata posible, por exemplo así:
Fíxate que quitamos a fila co total de poboación ocupada, xa que non queremos que na gráfica nos apareza unha categoría con este total
- Seleccionamos todo o rango de celas onde temos os datos, incluíndo o nome dos sectores de actividade. Neste caso o rango de celas A43:B47.
- A continuación, na barra de menús seleccionamos "Insertar" e unha vez se mostren as opcións prememos en "Gráfico".
- No asistente para gráficos, en tipo de gráfico escollemos "Circular" e deixamos o subtipo que aparece por defecto.
- Prememos o botón "Seguinte" e comprobamos que o rango de datos é o que efectivamente queremos que se mostre.
- Para rematar pinchamos no botón "Finalizar" e obteríamos a gráfica da distribución da poboación ocupada segundo os sectores de actividade para o ano 1981.
- Se queremos que xunto a cada "porción da tarta" se mostre o nome do sector de actividade e a porcentaxe que representa sobre o total de ocupados poderiamos facer o seguinte:
- Pinchamos co botón esquerdo do rato dentro da gráfica circular.
- Prememos o botón dereito do rato e sairanos un listado de opcións.
- Seleccionamos "Formato de serie de datos ..." e sáenos unha ventá similar a esta:
- Prememos na pestana "Rótulo de datos" e no contido do rótulo marcamos as casillas: "Nome da categoría" e "Porcentaxe".
- Pinchamos no botón de "Aceptar" e obtemos o seguinte resultado:
Para os anos restantes o procedemento a seguir sería totalmente análogo.
Se precisas máis información de como facer representacións gráficas podes consultar o apartado de REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS do portal educativo
|