Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Mercado laboral
Actividade 2: os cambios do mercado laboral no último século


¿Como facer as gráficas das taxas de paro segundo sexo e a provincia?

Aquí darémosvos os pasos a seguir para elaborar a gráfica da taxa de paro segundo o xénero e a provincia para o ano 1981. Para o resto dos anos faríase de maneira totalmente análoga.

  1. Abrimos o libro de Excel Datos_Economia.xls e situámonos na folla do ano 1981
  2. Calculamos para cada provincia a taxa de paro segundo o sexo. Por exemplo, a taxa de paro masculina na provincia da Coruña calcúlase como o total de homes parados na Coruña (27.365) entre o total de homes activos nesa provincia (283.418). Para mostrar o resultado en porcentaxe, multiplicamos ese cociente por cen.

    De igual xeito calculamos o resto das taxas:

  3. Unha vez calculadas todas as taxas de paro só resta facer as gráficas. Para iso seleccionamos todo o rango de celas onde temos calculadas as taxas, incluíndo as cabeceiras (homes/mulleres) e o nome das provincias. Neste exemplo desde a cela A17 ata a C21.
  4. A continuación, na barra menús seleccionamos "Insertar" e unha vez se mostren as opcións prememos en "Gráfico".
  5. No asistente para gráficos, en tipo de gráfico deixamos o que nos mostra por defecto "Columnas" e en subtipo "Columna agrupada"

  6. Prememos o botón "Seguinte" e comprobamos que o rango de datos é o que efectivamente queremos que se mostre.

  7. Para rematar pinchamos no botón "Finalizar" e obteríamos a gráfica de taxa de paro segundo sexo e provincia para o ano 1981.

    Para os anos restantes o procedemento a seguir sería totalmente análogo.

    Se precisas máis información de como facer representacións gráficas podes consultar o apartado de REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS do portal educativo