Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Mercado laboral
Actividade 2: os cambios do mercado laboral no último século


¿Como elaborar os gráficos de barras apiladas?

Neste apartado daremos unhas pautas básicas de como elaborar unha gráfica de barras apiladas para mostrar a poboación inactiva segundo a clase de inactividade e o sexo para o ano 1910. O proceso a seguir para o resto dos anos é exactamente o mesmo.

  1. Podemos abrir un libro de Excel novo e copiamos nunha folla deste libro a táboa de poboación inactiva segundo a clase de inactividade da folla de 1910 do libro Datos_Economia.xls
  2. Xusto debaixo da táboa, ou onde a ti che pareza mellor, tratamos de colocar os datos de modo axeitado para que a gráfica dos saia da maneira máis inmediata posible, por exemplo así:

    Fíxate que quitamos a Fila co total de poboación inactiva, xa que non queremos que na gráfica nos apareza unha categoría con este total.

  3. Seleccionamos todo o rango de celas onde temos os datos, incluíndo as cabeceiras (homes/mulleres) e o nome das clases de inactividade. Neste caso o rango de celdas A15:C20
  4. A continuación, na barra menús seleccionamos "Insertar" e unha vez se mostren as opcións prememos en "Gráfico".
  5. No asistente para gráficos, en tipo de gráfico deixamos o que nos mostra por defecto "Columnas" e en subtipo "Columna apilada"

  6. Prememos o botón "Seguinte" e a pesar de que por defecto nos mostra "Series en columnas", marcamos "Series en FILAS".

  7. Para rematar pinchamos no botón "Finalizar" e obteríamos a gráfica da poboación inactiva segundo o sexo e a clase de inactividade para o ano 1910.

Para os anos restantes o procedemento a seguir sería totalmente análogo.

Se precisas máis información de como facer representacións gráficas podes consultar o apartado de REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS do portal educativo