Decembro
17-12-2014 |
V Incubadora de Sondaxes e Experimentos |
|
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, convoca o V Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de Estatística e Investigación de Operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia Máis información na páxina web:Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO)
|
|
|
|
Novembro
25-11-2014 |
Visita do IES Praia de Barraña |
|
Hoxe no IGE recibimos a visita dos alumnos de bacharelato do IES Praia de Barraña de Boiro co obxetivo de que coñezan o noso traballo. Moitas grazas pola visita!! Os profesores interesados en visitar o IGE cos seus alumnos poden entrar na seguinte Ligazón
|
|
|
|
Outubro
09-10-2014 |
Visita do IES Lucus Augusti de Lugo |
|
Hoxe no IGE recibimos a visita dos alumnos de bacharelato do IES Lucus Augusti de Lugo co obxetivo de que coñezan o noso traballo. Moitas grazas pola visita!! Os profesores interesados en visitar o IGE cos seus alumnos poden entrar na seguinte Ligazón
|
|
|
|
Xullo
|
Maio
21-05-2014 |
Visita do IES O Mosteirón de Sada |
|
Hoxe no IGE recibimos a visita dos alumnos de ESO do IES O Mosteirón de Sada co obxetivo de que coñezan o noso traballo. Moitas grazas pola visita!! Os profesores interesados en visitar o IGE cos seus alumnos poden entrar na seguinte Ligazón
|
|
|
|
Abril
29-04-2014 |
Xogo do Trivial |
|
Está dispoñible no portal educativo unha versión sobre o xogo do Trivial. Trátase dun sinxelo xogo que consiste en responder ao máximo número de preguntas sobre temas moi variados, iso si, neste caso relacionadas todas elas coa realidade socioeconómica de Galicia. Acceso ao xogo do Trivial Xogo do Trivial
|
|
|
11-04-2014 |
VII Congreso de AGAPEMA (Educación Matemática en Infantil, Primaria e Secundaria) |
|
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) organiza o VII Congreso de Educación matemática que se celebrará na Facultade de Matemáticas de Santiago os días 26 e 27 de setembro de 2014. Máis información sobre o congreso na páxina web de AGAPEMA
|
|
|
09-04-2014 |
Visita do IES Ribeira do Louro de Porriño |
|
Hoxe no IGE recibimos a visita dos alumnos de bacharelato do IES Ribeira do Louro de Porriño, co obxetivo de que coñezan o noso traballo. Moitas grazas pola visita!! Os profesores interesados en visitar o IGE cos seus alumnos poden entrar na seguinte Ligazón
|
|
|
09-04-2014 |
VIII Feira Matemática |
|
O vindeiro día 26 de abril celebrarase a VIII feira matemática organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación matemática AGAPEMA. A feira terá lugar no Hall de Proa de PALEXCO (Coruña) dende as 11 horas ata as 19 horas. O IGE acudirá á Feira con actividades relacionadas coa estatística. Máis información da feira matemática
|
|
|
01-04-2014 |
IV Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos |
|
Hoxe comeza o prazo de inscrición dos traballos para a IV edición do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. A inscrición estará aberta ata o día 15 de abril.
|
|
|
01-04-2014 |
Visita do I.E.S. Punta Candieira de Cedeira |
|
Hoxe no IGE recibimos a visita dos alumnos de primeiro bacharelato do I.E.S. Punta Candieira de Cedeira, co obxetivo de que coñezan o noso traballo. Moitas grazas pola visita!! Os profesores interesados en visitar o IGE cos seus alumnos poden entrar na seguinte Ligazón
|
|
|
01-04-2014 |
Actividade multimedia do PIB |
|
Engadiuse unha nova actividade multimedia relacionada co Produto interior bruto (PIB). Esta actividade realizouse coa aplicación de creación de materiais educativos dixitais Constructor da Consejería de Educación da Junta de Extremadura. Acceso á actividade
|
|
|
|
Marzo
25-03-2014 |
Actividade de regresión |
|
Engadiuse unha nova actividade no apartado de regresión que incorpora as achegas realizadas por Javier Bao Cebeiro, Sandra Sambade Nieto e María José Martínez Deben no curso "Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas". Este curso foi impartido polo IGE en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Acceso á actividade: Actividade 4: poboación menor de 16 anos e número de pediatras en atención primaria
|
|
|
25-03-2014 |
Test de correlación e covarianza |
|
No apartado de regresión incluíuse un novo test que incorpora as achegas realizadas por Dolores Pilar Rodríguez Agra no curso "Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas". Este curso foi impartido polo IGE en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Acceso ao test: Correlación e covarianza
|
|
|
06-03-2014 |
Actividade multimedia do IPC |
|
Está accesible desde o Portal Educativo do IGE unha actividade multimedia relacionada co índice de prezos de consumo (IPC). Esta actividade realizouse coa aplicación de creación de materiais educativos dixitais Constructor da Consejería de Educación da Junta de Extremadura. Acceso á actividade
|
|
|
|
Febreiro
26-02-2014 |
Visita do IES Enrique Muruais |
|
Hoxe no IGE recibimos a visita dos alumnos de primeiro e segundo de bacharelato do IES Enrique Murais de A Pontenova, co obxetivo de que coñezan o noso traballo. Moitas grazas pola visita!! Os profesores interesados en visitar o IGE cos seus alumnos poden entrar na seguinte Ligazón
|
|
|
25-02-2014 |
Visita do IES Praia Barraña |
|
Hoxe no IGE recibimos a visita dos alumnos de bacharelato do IES Praia Barraña de Boiro, co obxetivo de que coñezan o noso traballo. Grazas pola visita!! Se eres profesor e estás interesado en visitar o IGE cos teus alumnos, entra na seguinte Ligazón
|
|
|
24-02-2014 |
Test de estatística descritiva |
|
No apartado de estatística descritiva incluíuse un novo test relacionado coa información de defuncións. Este test foi elaborado coas achegas realizadas por Miguel Ángel Álvarez García e César Docanto Vázquez no curso "Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas", impartido polo IGE en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e que se realizou en Ourense en novembro de 2013 e na Coruña en xaneiro de 2014.
Acceso ao test: Defuncións segundo o sexo e a idade
|
|
|
21-02-2014 |
Actividade sobre a perspectiva de xénero nos salarios |
|
Engadiuse unha nova actividade no apartado de Porcentaxes e taxas relacionada coa información salarial segundo o sexo.
Acceso á actividade: A perspectiva de xénero nos salarios
|
|
|
19-02-2014 |
Novo test de estatística descritiva |
|
No apartado de estatística descritiva incluíuse un novo test relacionado coa información sobre os ingresos dos fogares galegos. Este test foi elaborado por José Antonio Rama López no curso "Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas". Este curso foi impartido polo IGE en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en Santiago de Compostela no mes de novembro de 2013.
Acceso ao test: Os ingresos dos fogares galegos
|
|
|
|
Xaneiro
31-01-2014 |
Visita do Colexio Sek Atlántico de Pontevedra |
|
Hoxe no IGE recibimos a visita dos alumnos de 1º de bacharelato do Colexio Sek Atlántico de Pontevedra, co obxetivo de que coñezan o noso traballo. Grazas pola visita!! Se eres profesor e estás interesado en visitar o IGE cos teus alumnos, entra na seguinte Ligazón
|
|
|
31-01-2014 |
Mateblog |
|
A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática (AGAPEMA) e educaBarrié crean Mateblog, a web dos concursos matemáticos. A través de Mateblog poderás participar en:- VI Certame de Matmonólogos. Pensamentos matemáticos en primeira persoa
- VIII Concurso de fotografía matemática
- II Concurso de Esopías.
Máis información en Mateblog
|
|
|
21-01-2014 |
InvestigArte |
|
Investigarte é un certame de arte visual científico e tecnolóxico dirixido a grupos de investigación e alumnos de educación secundaria convocado pola Fundación Barrié, a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago. Máis información: www.investigarte.es
|
|
|
21-01-2014 |
Olimpíada estatística 2014 |
|
O Instituto Nacional de Estadística (INE) xunto coa Facultad de Estudios Estadísticos (FEE) da Universidad Complutense de Madrid e a Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO) convocan a segunda olimpíada estatística para estudantes de ensino secundario obrigatorio, bacharelato e ciclos formativos de grao medio. Máis información na páxina web do INE
|
|
|
10-01-2014 |
Curso: Recursos do Portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas en Coruña |
|
- Datas: 13/01/2014 a 10/02/2014
- Lugar: Centro de formación e recursos: A Coruña
- Destinatarios: Profesores de ensino secundario. Matemáticas
- Horas: 20
- Máis información aquí
|
|
|
10-01-2014 |
O IGE no programa de TVE "Galicia para el mundo" |
|
No programa número 1050 de "Galicia para el mundo" emitiuse un vídeo sobre o traballo que se leva a cabo no Instituto Galego de Estatística Vídeo
|
|
|
|