Decembro
17-12-2013 |
IV Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos |
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, convoca o IV Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia. Máis información na páxina web:Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO)
|
|
|
|
Novembro
14-11-2013 |
Actualización do apartado de gráficos |
Ampliouse o contido do apartado de Representacións Gráficas do Portal Educativo: Gráficos de burbullas. Podes consultar a súa definición e exemplos na seguinte ligazón: Gráficos de burbullas
|
|
Actualización do apartado de erros estatísticos |
O 14 de novembro incluíuse unha nova noticia no apartado de erros estatísticos relacionada co índice de dependencia global. Trata de atopar os erros! Acceso á información: Erros estatísticos
|
|
|
11-11-2013 |
Vídeos demostrativos de como facer representacións gráficas con OpenOffice Calc |
Ampliouse o contido do apartado de Representacións Gráficas do Portal Educativo: ademais de explicacións detalladas con imaxes de como construír todo tipo de gráficos en Excel e na web do IGE, dende agora dispoñedes de vídeos demostrativos para aprender a facelos con OpenOffice Calc. Nos seguintes enlaces poderedes acceder ás explicacións:
Diagramas de barras
Gráficos de sectores
Polígonos de frecuencias
Gráficos de liñas
Histogramas
Pirámides de poboación
|
|
|
|
Outubro
4-10-2013 |
Curso: Recursos do Portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas en Santiago e Ourense |
Se es profesor de ESO ou de bacharelato podes estar interesado no curso Recursos do portal educativo do IGE para matemáticas que terán lugar en Santiago e Ourense. Contan cunha parte presencial (12 horas) e outra en rede (8 horas).
Edición de Santiago de Compostela
Edición de Ourense
|
|
|
|
Maio
23-05-2013 |
Nova actividade multimedia |
Está accesible desde o Portal Educativo do IGE unha actividade multimedia relacionada co mercado Laboral de Galicia. Esta actividade realizouse coa aplicación de creación de materiais educativos dixitais Constructor da Consejería de Educación da Junta de Extremadura.
Acceso á actividade
|
|
|
21-05-2013 |
Visita do IES O Mosteirón de Sada |
O IGE recibe a visita dos alumnos de do IES O Mosteirón de Sada. Se queres coñecer as instalacións do IGE, como funciona o sistema estatístico en Galicia e como se realiza unha enquisa, podes solicitar unha visita guiada.
Contacto: http://www.ige.eu/estatico/educacion/MenuSuperior/Contacto.htm
|
|
|
20-05-2013 |
Actualización do apartado de erros estatísticos |
O 16 de maio incluíse unha nova noticia no apartado de erros estatísticos relacionada co envellecemento da poboación galega. Trata de atopar os erros!
Acceso á información: Erros estatísticos
|
|
|
10-05-2013 |
VII feira matemática |
Non esquezas que mañá, sábado 11 de maio de 2013, se celebra a VII Feira Matemática no Hall de Proa de PALEXCO (A Coruña). O IGE acudirá á Feira con actividades relacionadas coa estatística e quebracabezas.
Máis información da feira matemática
Acceso ás actividades presentadas polo IGE
|
|
|
|
Abril
18-04-2013 |
Actividades complementarias RSME-IMAGINARY-Santiago |
A Real Sociedad Matemática Española (RSME) ten programadas as seguintes actividades en Santiago de Compostela: - Obradoiro de papiroflexia. Xoves 18 de abril ás 19 horas na aula 12.
- Matemáticas efervescentes. Sábado 20 de abril ás 12 horas no Mercado de Abastos.
- Matemáticas para o planeta Terra. Xoves 25 de abril ás 19:30 horas na Aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia.
Máis información: RSME-IMAGINARY-SANTIAGO
|
|
|
16-04-2013 |
Erros estatísticos |
Xa están dispoñibles máis erros en noticias publicadas polos medios de comunicación. Trata de atopalos!
Acceso á información: Erros estatísticos
|
|
|
15-04-2013 |
Erros estatísticos |
O venres día 12 de abril incluíse unha nova noticia no apartado de erros estatísticos relacionada coa dificultade dos fogares galegos para chegar a fin de mes. Ademais engadiuse unha noticia das trocas comerciais entre Galicia e Portugal. Trata de atopar os erros!
Acceso á información: Erros estatísticos
|
|
|
12-04-2013 |
Video presentación do IGE |
Está dispoñible no Portal Educativo do IGE un vídeo presentación onde se explica que é o IGE, como funciona e o que se fai en estatística.
Acceso: Vídeo presentación do IGE
|
|
|
|
Marzo
21-03-2013 |
Actualización do apartado de erros estatísticos |
Actualizáronse os contidos do apartado de "Erros estatísticos" do portal educativo. Neste apartado tes que tratar de atopar erros en noticias publicadas polos medios de comunicación.
Acceso á información: Erros estatísticos
|
|
|
18-03-2013 |
Olimpiada estatística 2013 |
Con motivo do Ano Internacional da Estatística en 2013, o Instituto Nacional de Estadística (INE) e a Facultad de Estudios Estatísticos (FEE) da Universidad Complutense de Madrid convocan unha olimpíada estatística para estudantes de ESO, bacharelato e ciclos formativos de grado medio.
Máis información en: explica
|
|
|
11-03-2013 |
Actualización do apartado de estatística pública |
Actualizáronse os contidos do apartado de "Estatística pública" do portal educativo. Incluíuse unha colección de fichas onde se definen e interpretan os principais conceptos manexados na estatística pública e que habitualmente difunden os medios de comunicación.
Acceso á información: Conceptos manexados na estatística pública
|
|
|
|
Febreiro
27-02-2013 |
Actualización da unidade de regresión e nova actividade para o portal educativo |
Actualizáronse os contidos da unidade de regresión e incluíronse unha nova actividade relacionada coa información climatolóxica para iniciarse no uso de variables bidimensionais e un test para comprobar os teus coñecementos.
Acceso á teoría: Regresión: Definicións e conceptos teóricos
Acceso á nova actividade: Actividade: Información climatolóxica
|
|
|
22-02-2013 |
VII Feira matemática |
O sábado 11 de maio de 2013 celebrarase a VII Feira Matemática no Hall de Proa de PALEXCO (A Coruña). Esta feira está organizada pola Asociación Galega do Profesorado de Educación matemática (AGAPEMA).
Acceso á páxina web de AGAPEMA
|
|
|
08-02-2013 |
Publicación no portal educativo dun glosario |
Está dispoñible no portal educativo do IGE, no apartado de conceptos da estatística oficial, un glosario coas definicións dos principais conceptos da estatística oficial manexados neste portal.
Acceso ao glosario
|
|
|
07-02-2013 |
Nova actividade do IPC para o portal educativo |
Está dispoñible no Portal Educativo do IGE, no apartado de Economía – Prezos e inflación, unha nova actividade relacionada cos usos máis frecuentes do índice de prezos de consumo. O principal obxectivo desta actividade é aprender a utilizar o IPC para a actualización de rendas de aluguer, salarios e pensións.
Acceso á actividade: Actividade: Usos do Índice de Prezos de Consumo (IPC)
|
|
|
|
Xaneiro
|