Ano 2012
- Decembro
11-12-2012 |
Proxecto Educadía da Fundación Barrié |
Aproveitando as campañas de comunicación para certos días sinalados, a Fundación Barrié a través da iniciativa Educabarrié, quere agrupar as experiencias didácticas, recursos e proxectos que se utilizan na aula, de xeito que Educadía poda servir como almacén de actividades útiles para os docentes e as familias.
Máis información na páxina web: Educadía
|
|
|
10-12-2012 |
III Concurso Incubadora de sondaxes e experimentos |
A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, convoca o III Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Máis información na páxina web: Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO)
|
|
|
- Novembro
12-11-2012 |
Visita do IES A Xunqueira I |
|
O IGE recibe a visita dos alumnos de matemáticas de 3º da ESO do IES A Xunqueira I de Pontevedra. Se queres coñecer as instalacións do IGE, como funciona o sistema estatístico en Galicia e como se realiza unha enquisa, podes concertar unha visita guiada.
Contacto: http://www.ige.eu/estatico/educacion/MenuSuperior/Contacto.htm
|
|
|
- Outubro
03-10-2012 |
III día da ciencia en Galego |
|
O día 5 de novembro de 2012 celébrase o III día da Ciencia en Galego, que este ano está dedicado á tecnoloxía. Os científicos homenaxeados son: Leonardo da Vinci e Ramón Verea (inventor galego dunha das primeiras calculadoras).
Máis información na páxina web: http://www.cienciaengalego.org
|
|
|
- Setembro
24-09-2012 |
Concurso de vídeos. Ano Internacional da Estatística 2013 |
|
Con motivo da celebración en 2013 do Ano Internacional da Estatística, convócase a celebración dun concurso de vídeos. A Fundación Barrié a través de educaBarrié abre unha convocatoria para seleccionar 3 guións. Máis información na páxina web de EducaBarrié |
|
|
24-09-2012 |
Ano Internacional da Estatística 2013 |
|
O Instituto Galego de Estatística (IGE) está a participar no Ano Internacional de Estatística 2013, unha celebración mundial das contribucións da estatística ao avance da nosa sociedade global. Máis de 700 organizacións-universidades, institutos de investigación, institutos, asociacións profesionais, organismos gobernamentais e empresas en preto de 100 países únense para celebrar e promover a importancia da estatística na comunidade científica, as empresas, os gobernos, os medios de comunicación, os políticos, os empresarios, estudantes e público en xeral. Máis información na páxina web: http://www.statistics2013.org/ |
|
|
- Maio
12-05-2012 |
VI Feira matemática |
|
O sábado día 12 de maio celébrase na Coruña a VI Feira Matemática que este ano está dedicada a “Matemáticas e Economía: vantaxes da cooperación”. O IGE leva un stan no que poderás mostrar os teus coñecementos sobre a xeografía galega facendo os quebracabezas de municipios e comarcas e tamén realizar outras moitas actividades: poboación, mercado laboral, o PIB, tributos, ... Podes acceder ás actividades que o IGE presentou na feira matemática na seguinte ligazón |
|
|
|
|
Máis novas
|
|