IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

Correlación e covarianza


  

Este test incorpora as achegas realizadas por Dolores Pilar García Agra no curso "Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas", impartido polo IGE en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ano 2013

A. Unha variable estatística bidimensional é:
        O resultado do estudo dunha característica cuantitativa
        O resultado do estudo de moitas características cuantitativas
        O resultado do estudo de dúas características cuantitativas
        O resultado do estudo de dúas características cualitativas

   B. Os datos dunha variables estatística bidimensional veñen dados por unha táboa
        Non hai diferencia entre as táboas da variable bidimensional e da unidimensional
        Dunha soa entrada
        Os datos non se poden dar en táboas
        Unha táboa de dobre entrada

   C. A mellor representación dos datos dunha varibale bidimensional é
        Un diagrama de dispersión
        Un diagrama de barras
        Unha táboa de frecuencias
        Non se poden representar dous datos ao mesmo tempo

   D. A seguinte nube de puntos indica

        Sen correlación
        Correlación positiva
        Correlación negativa
        Unha nube de puntos non nos informa da correlación, fala de relación ou dependencia entre dúas variables

   E. A relación ou dependencia que existe entre dúas variables que interveñen nunha distribución bidimensional chámase:
        Desviación típica
        Correlación
        Varianza
        Non se pode falar de relación ou dependencia entre dúas variables

   F. A correlación é positiva cando:
        A medida que medra unha variable a outra decrece
        Non se pode falar de relación ou dependencia entre dúas variables
        A medida que medra unha variable a outra mantense estable
        A medida que medra unha variabla a outra tamén medra

   G. A seguinte nube de puntos indica:

        Unha nube de puntos non nos informa da correlación ou dependencia entre dúas variables
        Correlación positiva
        Correlación negativa
        Non existe correlación

   H. Se a covarianza entre dúas variable é nula, as variables :
        Son independentes
        Son linealmente independentes, aínda que podería existir entre elas outro tipo de dependencia non lineal
        A covarianza entre dúas variables non achega información acerca da dependencia entre elas

   I. Para que valores da covarianza entre dúas variables podemos considerar que a dependencia lineal é forte?
        A covarianza non é unha medida adimensional, depende das unidades de medida, non ten un valor máximo polo que non hai uns límites a partir dos que se poida considerar que a dependencia lineal sexa máis forte
        A partir do valor 1 podemos considerar que a dependencia lineal é forte
        Cando a covarianza é positiva a dependencia lineal é forte