IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

Defuncións segundo sexo e idade (ano a ano). Galicia. Ano 2011


   Este test foi elaborado coas achegas realizadas por Miguel Ángel Álvarez García e César Docanto Vázquez no curso "Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas", impartido polo IGE en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e que se realizou en Ourense en novembro de 2013 e na Coruña en xaneiro de 2014.

A partir da táboa de defuncións segundo sexo e idade (ano a ano) de Galicia no ano 2011, que podes descargar dende a seguinte ligazón, calculouse a táboa completa de frecuencias absoluta e relativas que figura no seguinte arquivo: Defuncions_sexo_idade.xls. A partir desta táboa, calcula as principais medidas de posición e de dispersión. Poderías responder ás seguintes cuestións?:

A. A idade media á que falecen os homes en Galicia é .................... que a das mulleres:
        Maior
        Igual
        Menor
        Maior pero menor que a media para ambos sexos

   B. A metade dos galegos que morreron en 2011tiña polo menos:
        79 anos
        84 anos
        88 anos
        82 anos

   C. A idade máis frecuente de falecemento para as mulleres con residencia en Galicia en 2011 foi de:
        88 anos
        78,3 anos
        75,5 anos
        86 anos

   D. Aproximadamente, a cuarta parte dos homes de Galicia non chega a cumprir os:
        86 anos
        88 anos
        72 anos
        69 anos

   E. Aproximadamente, a cuarta parte das galegas falece a partir dos:
        89 anos
        91 anos
        88 anos
        86 anos

   F. A porcentaxe de mulleres que morreron cos 100 anos cumpridos foi:
        Aproximadamente igual á dos homes
        O dobre que a dos homes
        Máis de cinco veces a dos homes
        Máis de catro veces a dos homes

   G. A partir dos datos da táboa anterior construíuse o histograma da distribución das defuncións totais (ambos sexos), ano a ano.



Como é a distribución de frecuencias?
        Asimétrica positiva
        Asimétrica negativa
        Nuns grupos de idade asimétrica positiva e noutros asimétrica negativa
        Simétrica

   H. Cal é a desviación típica da distribución das defuncións para ambos sexos?
        14,6 anos
        12,7 anos
        14,2 anos
        Ningunha das anteriores

   I. En cal das distribucións de frecuencias os valores observados están máis concentrados respecto á media?
        Na dos homes
        En todas por igual
        Na de ambos sexos
        Na das mulleres

   J. O número de defuncións femininas supera ás masculinas nos últimos grupos de idade (a partir dos 84 anos de idade). A que cres que se debe?
        A que residen máis mulleres que homes en Galicia neses grupos de idade
        A que o número de defuncións das mulleres foi superior ao dos homes nas idades anteriores
        A que as mulleres levan unha vida máis saudable que os homes
        Trátase dun feito illado que só acontece no ano 2011