IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Como elaborar unha enquisa
A. Nunha mostra extraída ao chou sen reposición, todos os individuos teñen a mesma probabilidade de ser elixidos?
Verdadeiro
Falso
B. O marco é:
É un subconxunto de individuos da poboación
Listado onde figuran todas as unidades que compoñen a poboación
O ficheiro de microdatos
Ningunha das dúas respostas anteriores é correcta
C. Cal das seguintes afirmacións non é correcta?
Un censo nunca é unha investigación exhaustiva
Unha enquisa soe ter menor custo cun censo
Nunha enquisa o erro mostral non ten importancia
Os censos soen permitir unha maior desagregación que as enquisas
D. O tamaño dunha enquisa inflúe na calidade das estimacións
Verdadeiro
Falso
E. Cal das seguintes afirmacións sobre os cuestionarios non é correcta?
As preguntas dos cuestionarios deben ser claras e concisas
As preguntas deben ser sempre abertas
Non debe ser demasiado extenso
É recomendable probalo nunha enquisa piloto
F. Cal das seguintes opcións é máis correcta para o título dunha táboa?
Nacementos segundo a nacionalidade da nai
Nacementos segundo a nacionalidade da nai. Galicia. Ano 2012
Nacementos segundo a nacionalidade da nai ocorridos en 2012
Nacementos de nenos galegos segundo a nacionalidade da nai
G. É recomendable facilitar o cuestionario e a metodoloxía dunha enquisa cando se publican os seus resultados?
Verdadeiro
Falso
H. Quérese estimar o número medio de persoas que residen nos fogares galegos, para o que se selecciona unha mostra aleatoria simple de 9.000 fogares. O tamaño medio estímase a través de:
A media mostral
A mediana da mostra
A desviación típica
Non é posible estimar o tamaño medio dos fogares galegos
I. Necesítase estimar os salarios medios dos traballadores galegos segundo a comarca de residencia. Para elo disponse do orzamento necesario para realizar non máis de 2.000 enquisas. Que é máis recomendable?
Utilizar mostraxe aleatoria simple
Utilizar unha mostraxe estratificada segundo a comarca de residencia
J. Se en Galicia hai 1.000.000 de fogares e se realiza unha enquisa mediante mostraxe aleatoria simple (sen reposición) dirixida a 9.000 fogares, que probabilidade ten cada fogar de ser seleccionado?
Ningunha
Menos do 1%
Entre o 1% e o 10%
Non se pode calcular