Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Estatística Recreativa


  • CREBACABEZAS

    ¿Sabes situar os concellos de Galicia nun mapa? Escolle unha provincia e trata de encaixar os seus municipios dentro do mapa. Podes escoller dúas modalidades. Na primeira, apareceranche os concellos de un en un e terás que atopar o seu lugar no mapa. Na segunda, poderás escoller os concellos na orde que ti prefiras e ir colocándoos no mapa. Por cada erro que cometas terás unha penalización de 20 segundos no cómputo global do tempo.

    Se che parece moi complicado encaixar os concellos, podes intentar facer o de comarcas de Galicia ou o de comunidades autónomas.

    Nota: Para ver este tipo de mapas necesita que o seu navegador soporte gráficos SVG, ben directamente ou a través dalgún plugin.

    Modalidade I
    Modalidade II


  • XOGO DO TRIVIAL

  • CURIOSIDADES

    • Canta xente do teu concello se chama igual ca ti?

      • Na aplicación dispoñible na seguinte ligazón podes consultar a poboación que hai en Galicia cun nome determinado. Unha vez que introduzas o nome aparecerá un mapa coa frecuencia que presenta dito nome en cada municipio galego. Se premes na opción “Nomes por concello” podes consultar para cada concello de Galicia os 25 nomes máis frecuentes.


    • Con canta xente compartes apelido?

    • Que sabes sobre a distribución da poboación na túa comarca?

      • Simplemente pasando o rato por encima do mapa de Galicia poderás ver as pirámides de poboación da túa comarca e de calquera outra para poder comparalas. Pincha a continuación


      • Tamén se queres ver a evolución da pirámide de poboación da túa comarca dende o ano 1998 ata a actualidade preme co rato encima da túa comarca e logo debaixo da pirámide preme na flecha negra. Polo momento pincha no seguinte logo


        Nota: No caso de que non vexas nada tes que utilizar o plugin de Adobe - Adobe SVG Viewer - que podes descargar de forma gratuíta dende a seguinte dirección: http://www.adobe.com/svg/viewer/install/main.html

  • PARA BOTARSE UNHAS RISAS