Economía. Prezos e inflación Actividade 2: Usos do Índice de Prezos de Consumo (IPC)
FICHA DA ACTIVIDADE
Obxectivos:
- Aprender a utilizar o IPC para a actualización de:
Palabras clave:
- Índice de prezos de consumo (IPC): é un indicador que determina o nivel xeral de prezos do conxunto de bens e servizos adquiridos polos consumidores nunha economía.
Coñecementos previos necesarios:
Cuestións a resolver:
Coa información que se facilitan nos enlaces e seguindo a actividade deberás poder contestar as seguintes preguntas:
- O propietario dunha vivenda tena alugada por 400 euros/mes. No mes de xaneiro de 2017 actualizoulle a renda ao inquilino segundo a variación interanual do IPC ¿Cal era o novo importe que tiña que cobrar? ¿E en xaneiro de 2018?
- Un traballador ten unhas retribución totais de 1.747,69 euros ao mes. Segundo o convenio colectivo que regula o seu sector, no mes de xaneiro actualizarlle o salario un 2,9%. ¿En que cantidade (euros) se vai ver incrementado mensualmente o seu salario?
Descarga de datos
Descarga da ficha en pdf
Introdución
O índice de prezos ao consumo (IPC) é unha medida estatística da evolución dos prezos dos bens e servizos que consume a poboación.
Estes bens e servizos inclúen os seguintes grupos de consumo: alimentos e bebidas non alcohólicas, bebidas alcohólicas e tabaco, vestido e calzado, vivenda, enxoval, medicina, transporte,
comunicacións, ocio e cultura, ensino, hoteis, cafés e restaurantes e outros bens e servizos.
O resultado do IPC vai ser un número índice que por si só non proporciona demasiada información. Por exemplo, no mes de xaneiro de 2020 o índice xeral para Galicia foi 104,249 ¿É moito? ¿É pouco? ¿Incrementáronse os prezos? ¿Baixaron?
Os números índice permiten medir a evolución dunha magnitude ao longo do tempo. Entón, para poder resolver as preguntas anteriores resulta de grande utilidade calcular as taxas de variación relativas. Para o cálculo da taxa de variación relativa podes aplicar a seguinte fórmula:
Variación porcentual = ((Valor final – Valor inicial) / Valor inicial) * 100
Entón, se queremos medir o que se incrementaron (ou baixaron) os prezos dende xaneiro de 2019 a xaneiro de 2020, só necesitamos coñecer o IPC destes dous meses e aplicar a fórmula anterior.
- IPC xeral en xaneiro de 2019 (Galicia): 103,020
- IPC xeral en xaneiro de 2020 (Galicia): 104,249
- Variación interanual dos prezos (%) = ((Valor final – Valor inicial) / Valor inicial) * 100 = ((104,249-103,020)/103,020)*100 = 1,2%
Polo tanto, entre xaneiro de 2019 e xaneiro de 2020 os prezos subiron en Galicia un 1,2%.
O IPC utilízase nos ámbitos económico, xurídico e social:
- Medida de inflación
- Revisión dos contratos de aluguer
- Actualización de pensións
- Negociacións salariais, ...
A continuación vamos estudar uns casos prácticos de como se utiliza o IPC
Revisión dun contrato de aluguer
Un dos usos máis frecuentes do IPC é a revisión dos contratos de aluguer de inmobles.
Segundo a Lei de arrendamentos urbanos (LAU) cando se cumpre un ano da firma do contrato, o importe do aluguer débese actualizar segundo a variación interanual do índice de prezos de consumo nacional. O IPC que se hai que utilizar é o correspondente ao último publicado na data en que se asinou o contrato.
Por exemplo, se o propietario e o inquilino asinaron o contrato no mes de xaneiro de 2019 por unha renda mensual de 400 euros, en xaneiro de 2020 débese actualizar este importe segundo a variación interanual do IPC nacional do último mes dispoñible, que probablemente será o de de decembro de 2019.
Tendo en conta que o IPC en decembro de 2019 se incrementou un 0,7% respecto a decembro do ano anterior, o importe que deberá pagar o inquilino incrementarase en 400*0,7/100= 2,80 euros ao mes. É dicir, a partir de xaneiro de 2020 o inquilino pagará 402,80 euros ao mes.
En xaneiro de 2021 terase que volver a actualizar a renda segundo a variación interanual do IPC de decembro de 2020 que foi do -0,4%. Entón o novo importe que debe pagar é:
402,8 + 402,8*(-0,4)/100= 402,8-1,61=401,19 euros/mes
|
2019 |
2020 |
2021 |
Importe do aluguer (€/mes) |
400 |
400*(1+0,007)=402,80 |
402,80*(1-0,004)=401,19 |
Variación interanual do IPC de decembro |
0,7% |
-0,4% |
.. |
O Instituto Nacional de Estatística (INE), que é o organismo encargado da elaboración do IPC, dispón na súa páxina web dunha aplicación que permite actualizar a renda dun xeito moi doado. Só hai que introducir o mes, o ano e o importe que se desexa actualizar.
Se necesitas os datos máis actuais do IPC, podes acceder á seguinte ligazón
Actualización de salarios
Aínda que o estatuto dos traballadores é a norma común que recolle os dereitos dos traballadores que prestan os seus servizos retribuídos por conta allea, cada sector réxese polo seu convenio colectivo específico. No convenio colectivo é onde se establece a contía de actualización do salario.
Por exemplo, no convenio colectivo provincial de industrias de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña, regúlouse que no ano 2019 os salarios dos traballadores afectados por este convenio incrementaríanse un 1,5%. Deste xeito, un traballador que en 2018 tiña un salario anual de 17.802,25 euros pasou a gañar en 2019: 17.802,25+17.805,25*1,5/100 = 17.802,25*(1+0,015) = 18.069,28 euros/ano
Outro exemplo de revisión salarial é o que se recolle no convenio de actores e actrices de teatro de Galicia. Este convenio establece un incremento salarial mínimo para cada ano igual á suba do IPC nacional (un 0,8% en 2019). Polo tanto, un traballador que en 2019 tiña un soldo de 1.845,24 euros mensuais en 2020 cobrará 1.860,00 euros/mes (1.845,24*(1+0,008)=1.860,00)
Acceso aos últimos datos do IPC de España e Galicia
|