Catálogo de publicacións


Publicacións sobre "Servizos "   7 publicación(s) atopada(s)
1.- Enquisa de servizos ás empresas. Ano 2003
Neste folleto preséntanse os resultados da enquisa de servizos ás empresas que ten como obxectivo investigar as principais características das empresas de contabilidade, rexistro de libros, auditoría, asesoría e consultoría.
 
2.- Estatística do gasto do turismo que pernoita en establecementos hoteleiros: 3, 4 e 5 estrelas: Metodoloxía e primeiros resultados
Nesta publicación preséntase a metodoloxía elaborada para a estimación do gasto, a análise de determinadas características socioeconómicas dos viaxeiros, así como os resultados obtidos para 1998 e 1999.
 
3.- Estatísticas do sector turístico. Ano  
Nesta publicación ofrécense os principais resultados anuais das estatísticas sobre o sector turístico que se realizan no IGE. Preséntanse os datos nivel provincial e da Comunidade Autónoma.
 
4.- A conxuntura no sector turístico
Nesta obra preséntanse unha serie de indicadores conxunturais do sector turístico como o gasto diario medio e total dos viaxeiros, as pernoitas, viaxeiros, grao de ocupación e estadía media en establecementos hoteleiros e de turismo rural e os principais resultados das expectativas hoteleiras.
 
5.- Enquisa de ocupación hoteleira
Nesta obra preséntase, a nivel das provincias e da comunidade autónoma, información sobre viaxeiros, pernoitas, grao de ocupación e estadía media nos hoteis e hostais.

NOTA: A partir de xaneiro de 2004 os datos se publican directamente na web do IGE.
 
6.- Estatística de ocupación no turismo rural
Nesta obra preséntase, a nivel das comarcas, provincias e da comunidade autónoma, información sobre viaxeiros, pernoitas, grao de ocupación e estadía media entre outras variables nas casas de turismo rural.

NOTA: No período 1997-1999 editábase unha publicación anual co mesmo nome. A partir de xaneiro de 2004 os datos publícanse directamente na web do IGE.
 
7.- Expectativas hoteleiras  
Nesta obra de periodicidade trimestral ofrécese a avaliación das expectativas a curto prazo do sector hoteleiro galego en relación con determinadas variables consideradas relevantes ao efecto.

NOTA: A partir do 1º trimestre do ano 2004 (inclusive) só está dispoñible na páxina web do IGE.
 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo