O obxectivo desta publicación é dobre: por unha banda afondar no coñecemento da economía galega a través do estudo de sectores sobranceiros na nosa estrutura económica e, por outra, dar unha mellor difusión ás estatísticas de síntese económica elaboradas polo IGE.
Na presente memoria inclúese un resumo da normativa aplicable, as actividades estatísticas de produción propia executadas polo IGE, a composición do Consello Galego de Estatística e breves referencias ás actividades de difusión e xestión do IGE. A información presentada, permite facer un seguimento das actividades realizadas polo organismo e contribúe a que o seu labor sexa máis coñecido, nun intento de achegar, na medida do posible, a información estatística ao cidadán.
Esta publicación ten por obxectivo afondar na análise e no coñecemento deste complexo produtivo de Galicia a través da información estatística dispoñible.