Estatísticas históricas de Galicia


Introdución

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica unha selección de estatísticas históricas. A selección abrangue as áreas de demografía, actividade económica e infraestruturas, a través de estudos de referencia que se estenden dende finais do século XVI ata finais do XIX. Trátase de estudos con alcance xeral para o conxunto de España, dos que se fixo unha selección das páxinas ou parte dos documentos con referencia a Galicia; tamén se inclúe, de selo caso, uns resumos oportunos que permiten unha valoración primaria da información no contexto do conxunto de España. A selección inclúe os seguintes traballos:

  • O Censo de población de la Corona de Castilla en el Siglo XVI (Censo de los millones) (1591)
  • O Censo de Floridablanca (1787)
  • Unha selección das Memorias Políticas y Económicas de E. Larruga (1787-1800)
  • Unha selección do Avance de la riqueza pecuaria en 1891
  • Unha parte do Informe de la Junta de Estadística sobre el Plan General de FF-CC de España (1865)

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo