Estatísticas de xénero


  • O obxectivo desta actividade é o de representar a realidade das mulleres galegas en base a varias variables e comparar a súa situación coa dos homes, primándose a exhaustividade e a información numérica. Así este enlace remite a unha serie de táboas onde se recollen as principais cifras e resultados, diferenciados por sexo, referidos a varios eidos (mundo laboral, sistema educativo...)

    A primeira publicación realizouna o Servizo Galego de Igualdade, ao marxe do plan galego de estatística, e con datos do ano 2005. Nesta publicación recollíanse, en formato papel, as principais cifras estatísticas referidas ao mercado laboral e participación na política para homes e mulleres. No marco dun plan galego de estatística, inclúese por primeira vez no programa do 2008 como actividade estatística responsabilidade do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. A partir do 2009 convértese nunha actividade que se realiza en colaboración entre o dito Servizo e o IGE, ata pasar no programa 2012 a ser responsabilidade exclusiva do IGE.

    Acceso aos datos

  • A realidade da muller galega facilita información xeral para coñecer a situación actual en diferentes ámbitos da realidade dos homes e das mulleres, pero para estudar a igualdade sintetizando dalgún xeito a información que subministra a actividade anterior, estableceuse a operación estatística de indicadores de xénero, na que debería primar a pertinencia e a metainformación.

    Acceso aos datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo