Publicacións sobre "Traballo" | 7 publicación(s) atopada(s) |
1.- |
Mercado de traballo. Ano 2005 Neste folleto proporciónase información sobre diferentes aspectos do panorama sociolaboral galego a través dunha explotación dos datos da Enquisa de condicións de vida das familias. |
2.- |
Proxección de taxas de actividade 2002-2017 Nesta publicación preséntase unha estimación das taxas de actividade no futuro mercado laboral. Nela inclúese unha descrición dos aspectos xerais da metodoloxía empregada e unha análise das tendencias recentes e dos principais resultados. A desagregación xeográfica para cada ano da proxección será a comunidade autónoma e as catro provincias. |
3.- |
Enquisa estrutural a fogares. Módulo de condicións no traballo. Ano 2001 Nesta obra recóllese un conxunto coherente e detallado dos resultados centrados especialmente nas condicións no traballo e nos niveis de ingresos dos fogares galegos |
4.- |
Proxeccións de taxas de actividade 1997-2026 Nesta obra abórdase un primeiro estudo sobre as previsións de actividade a partir das proxeccións de poboación elaboradas polo Instituto. As estimacións obtéñense para o total de Galicia e as catro provincias cun horizonte temporal que se extende ata o ano 2026, ofrecéndose datos anuais ata o 2006 e quinquenais para o resto período. |
5.- |
Mercado de traballo Esta obra é unha recompilación das estatísticas relacionadas co mercado laboral que permiten configurar o panorama sociolaboral da Comunidade Autónoma. NOTA: É continuación de "Mercado de traballo en Galicia. Monográficos" [1989-1991], "Estatísticas do mercado de traballo" [1992-1996], "Estatíticas do mercado de traballo. Anuario" [1997-1999] e "Mercado de traballo. Ano " [2000-2001]. No ano 2003 cambiouse o xeito de nomear o exemplar e en lugar de utilizar o ano de referencia da información, como se viña facendo, comenzouse a utilizar o ano de edición da publicación |
6.- |
Enquisa de poboación activa en Galicia: información trimestral Esta obra é unha explotación da "Encuesta de Población Activa" do INE para Galicia e as súas provincias. NOTA: Os datos para o ano 2002 e posteriores publícanse directamente na páxina web |
7.- |
Traballadores afiliados en alta laboral segundo réximes: Galicia Esta obra é o resultado da explotación da estatística mensual do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. A información preséntase segundo réximes e ramas de actividade para as provincias galegas e para a Comunidade Autónoma. NOTA: Todos os datos están publicados na páxina web. |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies