Para obter información estatística, ademais de consultar a páxina web do IGE ou as nosas publicacións, pódese solicitar dos seguintes xeitos:
Consultas telefónicas e por escrito
- O IGE posúe un telefono de información estatística que atende as peticións ao momento, facilitándolle ao usuario a información, cando sexa posible, ou indicándolle onde atopala na nosa páxina web.
- As peticións de información estatística que chegan por escrito (fax ou correo postal) aténdense na maior brevidade posible. Por termo medio as peticións contéstanse en dous días laborables unha vez recibida a petición.
- Instituto Galego de Estatística
Complexo administrativo San Lázaro s/n
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 54 15 89 (Luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas)
Fax: 981 54 13 23
Consultas na Biblioteca
- Na biblioteca do IGE aténdense peticións de información estatística, ben sexa a través das publicacións do fondo da biblioteca ou a partir da Internet (a biblioteca conta cun servizo para consultar as principais páxinas webs con información estadística).
Consultas on-line
- Tamén se poden realizar consultas ao Instituto a través do formulario dispoñible na web.O tempo medio de resposta ás peticións por este medio é de dous días laborables.
Ademais da información estatística dispoñible na nosa páxina web ou nas diferentes publicacións, o Instituto Galego de Estatística pode facilitar
Ademais o IGE ten unha lista de subscrición, onde os usuarios poden recibir noticias das últimas estatísticas elaboradas polo IGE