Publicacións sobre "Organización estatística" | 7 publicación(s) atopada(s) |
1.- |
Lei de estatística de Galicia. Lei do plan galego de estatística 2007-2011 Nesta publicación recóllese a lei que ten como obxecto regular a actividade estatística para os fins da Comunidade Autónoma de Galicia e o Plan galego de estatística 2007-2011, que é o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística en Galicia. |
2.- |
Código de boas prácticas das estatísticas europeas Esta publicación recolle o "Código de boas prácticas das estatísticas europeas" adoptado polo Comité do programa estatístico o 24 de febreiro de 2004. |
3.- |
Lei do plan galego de estatística 2002-2006 Nesta publicación recóllese o Plan galego de estatística 2002-2006, que é o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística en Galicia. |
4.- |
Comunidade autónoma de Galicia. Programa estatístico anual Nesta publicación inclúense as operacións e outras actividades estatísticas que darán cumprimento ao Plan galego de estatística correspondente. |
5.- |
Plan Galego de Estatística 2007-2011. Informe de avaliación 2007-2011 Este documento preséntase en cumprimento do artigo 14 a Lei 16/2006, do 27 de decembro, do PGE (Plan Galego de Estatística) 2007-2011, no que se encomenda ao IGE (Instituto Galego de Estatística) elaborar informes de seguimento dos Programas anuais e un final de avaliación do Plan, para a súa consideración polo CGE (Consello Galego de Estatística) e traslado ao Parlamento. Trátase de construír indicadores que permitan cuantificar en que grao se acadaron os obxectivos formulados para o quinquenio e de chegar, por acumulación, a valorar o cumprimento do central do artigo 6. |
6.- |
Memoria Anual da Actividade Estatística. Consello Galego de Estatística Na presente memoria inclúese un resumo da normativa aplicable, as actividades estatísticas de produción propia executadas polo IGE, a composición do Consello Galego de Estatística e breves referencias ás actividades de difusión e xestión do IGE. A información presentada, permite facer un seguimento das actividades realizadas polo organismo e contribúe a que o seu labor sexa máis coñecido, nun intento de achegar, na medida do posible, a información estatística ao cidadán. NOTA: O Consello Galego de Estatística no período 1997-2000 publicou unha memoria individual pero a partir do ano 2001 (inclusive) o IGE e o Consello Galego de Estatística publican a súa memoria conxunta |
7.- |
Consello Galego de Estatística. Memoria Anual Nesta memoria recóllese a actividade do Consello, a relación dos seus membros, un compendio da normativa e dos convenios vixentes, e outra información que pode ser de interese. NOTA: A partir do ano 2000 a memoria do Consello Galego de Estatística publícase conxuntamente coa memoria do Instituto Galego de Estatística |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies