Catálogo de publicacións


Publicacións sobre "Poboación"   30 publicación(s) atopada(s)
1.- Panorama demográfico de las comunidades autónomas
Neste folleto ponse a disposición dos usuarios unha serie de indicadores que permiten reflexar e comparar a situación demográfica das diferentes comunidades autónomas a través de táboas, gráficos e mapas que facilitan a visualización dos datos
 
2.- Panorama demográfico de Galicia 2007
Nesta publicación preséntase unha descrición dos principais fenómenos demográficos en Galicia ao longo dos últimos anos.
 
3.- Panorama demográfico de Galicia. Ano 2006
Nesta publicación preséntase unha descrición dos principais fenómenos demográficos en Galicia ao longo dos últimos anos.
 
4.- Censo de poboación e vivendas 2001: Desprazamentos por razóns de traballo
Nesta publicación preséntanse os resultados do censo de poboación e vivendas do ano 2001 relativos aos desprazamentos da poboación por motivo de traballo
 
5.- Proxección de fogares 2002-2017
Nesta publicación preséntase unha estimación dos fogares galegos para o período 2002-2017, constituíndo un complemento para a proxección de poboación de Galicia.
 
6.- Proxección de poboación de Galicia. 2002-2051
Nesta publicación preséntase unha estimación da distribución futura da poboación galega, formulando os escenarios máis probables baseándose na análise da información demográfica dispoñible. Nela inclúese un estudo da dinámica recente da poboación de Galicia, os aspectos metodolóxicos xerais, unha análise das tendencias e da proxección dos fenómenos demográficos e unha análise dos principais resultados.
 
7.- Censo de poboación e vivendas 2001. Información provisional
O Censo de poboación e vivendas é unha actividade estatística que ten por obxectivo determinar o número de habitantes, vivendas e edificios do Estado e das súas áreas xeográficas e administrativas, e obter unha imaxe estrutural do país desde diversos puntos de vista que permita a elaboración de políticas demográficas, sociais, educativas, asistenciais, ...
 
8.- Indicadores municipais e comarcais, 1999
Nesta publicación facilítanse unha serie de indicadores sobre a situación de cada un dos concellos e comarcas de Galicia para o ano 1999. Para cada ámbito xeográfico a publicación está estruturada en tres epígrafes independentes, segundo o tema obxecto de estudo: indicadores demográficos, educativos e sanitarios.
 
9.- Padrón municipal de habitantes e estatística de poboación 1996: estrutura da poboación
Contén 5 volumes: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Galicia. Aínda que se titulan da mesma forma o contido deles é distinto. As publicacións provinciais son unha recompilación das estatísticas de poboación dos municipios pertencentes a esa provincia, no volume de Galicia inclúese as táboas da estrutura da poboación para as provincias e para o total da comunidade.
 
10.- Proxección da poboación de Galicia: 1991-2026. Tomo 1
No primeiro tomo desta publicación preséntanse os aspectos metodolóxicos e resultados máis relevantes das proxeccións de poboación realizadas a partir do censo de poboación do 1991.
 
11.- Proxección da poboación de Galicia: 1991-2026. Tomo 2
No segundo tomo preséntanse as pirámides pobacionais por idades simples para cada un dos anos da proxección.
 
12.- Movementos migratorios de Galicia: series estatísticas 1962-1991
Nesta publicación preséntanse as series de emigrantes dende Galicia e cada unha das súas provincias, os inmigrantes a Galicia, os saldos migratorios coa mesma desagregación e as migracións interiores e os intercambios poboacionais considerando, en cada caso, orixes e destino dos fluxos.
 
13.- Censo de poboación e vivendas 1991: resultados provisionais (mostra avance). Galicia
Nesta publicación ofrécense os resultados para Galicia e as súas catro provincias sobre as principais variables de vivenda, poboación, estudos, idioma e actividade e os valores definitivos de poboación, así como os datos máis salientables das sete cidades máis grandes.
 
14.- Censo de poboación e vivendas 1991. Vivendas
Nesta publicación ofrécense os resultados para todos os concellos galegos, as catro provincias e toda Galicia sobre as principais variables de vivenda, tanto nas súas características como na utilización das mesmas.
 
15.- Censo de poboación e vivendas 1991. Principais resultados de poboación. A Coruña
Neste volume preséntanse os datos máis significativos do censo de poboación de 1991 para todos os concellos da provincia da Coruña, o total provincial e Galicia.
 
16.- Censo de poboación e vivendas 1991. Principais resultados de poboación. Lugo
Neste volume preséntanse os datos máis significativos do censo de poboación de 1991 para todos os concellos da provincia de Lugo, o total provincial e Galicia.
 
17.- Censo de poboación e vivendas 1991. Principais resultados de poboación. Ourense
Neste volume preséntanse os datos máis significativos do censo de poboación de 1991 para todos os concellos da provincia de Ourense, o total provincial e Galicia.
 
18.- Censo de poboación e vivendas 1991. Principais resultados de poboación. Pontevedra
Neste volume preséntanse os datos máis significativos do censo de poboación de 1991 para todos os concellos da provincia de Pontevedra, o total provincial e Galicia.
 
19.- Censos de poboación e vivendas 1991: avance de resultados. Galicia
Nesta publicación preséntanse datos provisionais das poboacións de feito e dereito dos municipios galegos, así como das vivendas clasificadas segundo o destino das mesmas.
 
20.- Indicadores demográficos: 1975-1991
Neste folleto preséntase un conxunto de indicadores demográficos para Galicia e as catro provincias e para 1975, 1980, 1985 e 1990, obtidos a partir dos Censos de poboación e Padrón municipal de habitantes, Movemento natural da poboación e Estatística de variacións residenciais.
 
21.- Indicadores demográficos municipais e comarcais. Ano  
Nesta publicación recóllese un conxunto de indicadores demográficos calculados a nivel municipal, comarcal e provincial para o ano de referencia co fin de coñecer as principais características da poboación de Galicia.

NOTA: Os indicadores referentes ao ano 1999, están incluídos na publicación Indicadores municipais e comarcais. 1999 onde tamén aparecen indicadores sociais
 
22.- Informe sobre as cifras de poboación   
Nesta publicación preséntase unha análise sobre as cifras poboacionais de referencia en Galicia.
 
23.- Movementos migratorios. Ano  
Estas publicacións recollen as altas e baixas de poboación que se producen en cada concello debidas a cambios de residencia e constitúe, xunto coa Estatística de movemento natural da poboación, unha fonte indispensable para o estudo da evolución da poboación ao longo do tempo.
 
24.- Movemento natural da poboación. Ano  
A Estatística do movemento natural da poboación recolle información sobre os principais fenómenos demográficos, é dicir, nacementos, defuncións e casamentos, e constitúe a fonte máis importante para o estudo da evolución da poboación ao longo do tempo.

NOTA: Non se realizou exemplar coa información do ano 2000, publicouse directamente a información na páxina web. O exemplar do ano 2002 publicouse en pdf na páxina web. É continuación das publicacións anteriores: Nacementos [1991-1992 -1998], Defuncións [1996-1998] e Matrimonios [1997-1998]
 
25.- Estructura da poboación. Revisión do padrón municipal de habitantes. Ano  
Nestas publicacións preséntanse os resultados da explotación estatística da revisión do padrón municipal de habitantes a 1 de xaneiro de cada ano, ofrecendo as características demográficas básicas incluídas no padrón a nivel municipal, provincial e para o total da Comunidade Autónoma.

NOTA: A partir do ano 2001 publícanse os datos directamente na páxina web
 
26.- Movemento natural da poboación: Nacementos
Nestas publicacións proporciónanse un conxunto de táboas estatísticas sobre os nacementos ocorridos durante período de referencia.
 
27.- Movemento natural da poboación: Defuncións
Nestas publicacións proporciónase un conxunto de táboas estatísticas sobre as defuncións ocorridas durante período de referencia.
 
28.- Movemento natural da poboación: Matrimonios
Nestas publicacións proporciónanse un conxunto de táboas estatísticas sobre os matrimonios ocorridos durante período de referencia.
 
29.- Movemento Natural da Poboación. Datos provisionais. Ano  
Nesta publicación recóllense os principais resultados provisionais sobre os nacementos, defuncións e matrimonios para o ano de referencia
 
30.- Análise das proxeccións de poboación en Galicia
Nesta publicación preséntase unha análise das proxeccións de poboación en Galicia.
 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo