Estudo sobre salarios. Salarios desde o punto de vista do perceptor


Introdución

A Encuesta de Estructura Salarial é unha investigación sobre a estrutura e distribución dos salarios de periodicidade cuatrienal, que se realiza en todos os Estados Membros da Unión Europea (UE) de xeito harmonizado, en cumprimento do Regulamento do Consello da UE núm. 530/1999.

A enquisa esténdese a todos os traballadores e as traballadoras por conta allea que presten os seus servizos en centros de cotización e estivesen en alta na Seguridade Social no mes de outubro do ano de referencia. Non se inclúen, polo tanto, os funcionarios e as funcionarias adscritas ás mutualidades e si se inclúen os empregados e as empregadas das empresas públicas.

Investíganse só os centros de cotización con actividade principal incluída nas seccións B a S da CNAE-09. Polo tanto, quedan fóra do ámbito desta enquisa a agricultura, gandaría, silvicultura e pesca, as actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico, as actividades dos fogares como produtores de bens e servizos para uso propio e as actividades de organizacións e organismos extraterritoriais, independentemente do tamaño do centro de traballo.

Os obxectivos da enquisa poden resumirse, fundamentalmente, en dous:

  • O coñecementos dos niveis salariais, non só dos niveis medios, senón tamén da súa distribución.
  • A determinación da estrutura do salario, tanto desde o punto de vista da composición como das variables que inflúen nel e a contía na que o fan.

Documentos metodolóxicos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo