![](imgs/img_educativo.png)
Portal educativo
A finalidade desta temática é o estudo da distribución da poboación de Galicia polo territorio e a súa caracterización (a súa estrutura por sexo e idade). Tamén se analiza como o movemento natural (nacemento e morte) e migratorio inflúe na evolución da poboación da nosa Comunidade Autónoma. Ademais, neste apartado tamén se inclúen as proxeccións de poboación e de fogares. As principais fontes de información que nutren esta temática son os Censos de poboación, o Padrón municipal de habitantes, o Movemento Natural da Poboación (MNP), os Indicadores demográficos, os Indicadores migratorios, as Proxeccións de poboación e as Proxeccións de fogares .
Fontes de información
Cifras de poboación
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies