A información que se representa nestes mapas provén da fusión de rexistros administrativos con data 1 de xaneiro do ano de referencia e foi xeorreferenciada partindo da localización da dirección postal onde reside cada un dos habitantes de Galicia.
Para facilitar a representación da información e para preservar o segredo estatístico trazouse unha malla regular con celas de 1 km de lado, onde quedou agregada toda a información que corresponde en cada caso.
Ofrécese información sobre Poboación (poboación total, por sexo, nacionalidade ou grupos de idade, idade media, etc.), Afiliación á Seguridade Social (afiliación total, por sexo ou relación laboral), Pensións contributivas da Seguridade Social (perceptores de pensións contributivas, por sexo, así como ingresos por pensións).
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies