O Instituto Galego de Estatística (IGE) posúe os dereitos de propiedade intelectual dos elementos que configuran este servidor. Toda reprodución total ou parcial, ou imitación, de pantallas de navegación, logos e imaxes, queda prohibida sen o permiso do IGE.
O uso da información contida neste servidor implica a aceptación das seguintes condicións de uso:
-
O IGE creou este sitio web para facilitar aos usuarios o acceso á información estatística. Os datos veñen de múltiples fontes. O IGE pon este material a disposición dos usuarios de forma individual, como licenza de usuario final e quen desexe reutilizar calquer contido deste sitio web deberá adaptarse ás condicións de reutilización impostas neste aviso legal. Queda por tanto prohibida toda comercialización deste dereito de acceso. O IGE reserva o dereito a modificar estas condicións de licenza para a información en calquera momento.
-
A información estatística vén de múltiples fontes e introdúcese no servidor o antes posible seguindo procedementos de control de calidade. Aínda así o IGE non pode garantir que toda a información que se ofrece sexa correcta nin que se encontre oportunamente actualizada, aínda que porá os esforzos precisos para corrixila coa maior brevidade posible. Nalgúns apartados o servidor contén ligazóns con páxinas externas sobre as que o IGE non exerce control algún e respecto as cales declina a súa responsabilidade.
-
O IGE non se responsabiliza de ningún dano e prexuízo sufrido polo usuario que se derive do acceso a este servidor.
Este aviso legal recolle as condicións xerais que rexen a reutilización da información do sector público na Comunidade Autónoma de Galicia, que se rexerá, con carácter xeral, pola Lei estatal 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público e os Decretos autonómicos 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e as entidades dela dependentes, e 201/2011, de 13 de outubro, polo que se regula a presenza da Administración xeral e do sector autonómico de Galicia en internet
Enténdese por "reutilización" o uso de documentos que obran en poder da Administración xeral da Xunta de Galicia e das entidades que integran o sector público autonómico, por parte de persoas físicas ou xurídicas, con fins comerciais ou non comerciais, sempre que o devandito uso non constitúa unha actividade administrativa pública.
Enténdese por "documento" toda información, calquera que sexa o seu soporte material ou electrónico, así como a súa forma de expresión gráfica, sonora ou en imaxe utilizada.
Enténdese por "axente reutilizador" toda persoa física ou xurídica que reutilice información do sector público con fins comerciais ou non comerciais.
A información contida neste sitio web procede de múltiples fontes, polo que o IGE autoriza a reutilización da información baixo as seguintes condicións xerais:
-
Está prohibido desnaturalizar o sentido da información.
-
Debe citarse a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta cita poderá realizarse do seguinte xeito: “Fonte: IGE: https://www.ige.gal”.
-
Debe mencionarse a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización, sempre cando estivera incluída no documento orixinal.
-
Non se poderá indicar, insinuar ou suxerir que o IGE patrocina ou apoia a reutilización que se leve a cabo con ela.
-
Deben conservarse, non alterarse nin suprimirse os metadatos sobre a data de actualización e as condicións de reutilización aplicables incluídos, no seu caso, no documento posto a disposición para a súa reutilización.
O IGE non será responsable do uso que da súa información fagan os axentes reutilizadores nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de xeito directo ou indirecto, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da información reutilizada.
O IGE non garantiza a continuidade na posta a disposición dos documentos reutilizables, nin en contido nin en forma, nin asume responsabilidades por calquera erro ou omisión contido neles.
O axente reutilizador áchase sometido á normativa aplicable en materia de reutilización da información do sector público, incluíndo o réxime sancionador previsto no artigo 11 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.
Calquera dúbida ou comentario sobre o contido deste servidor debe dirixirse a:
Instituto Galego de Estatística (IGE)
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15703-Santiago de Compostela
Tlfno: 981 541 589
Consultas on-line