Nota metodolóxica


O IGE ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a residencia na Comunidade Autónoma de Galicia por décadas de nacemento. Con esta aplicación permítese realizar consultas sobre os nomes máis frecuentes por décadas de nacemento en cada unha das comarcas galegas.

A información de base para a elaboración das táboas é o ficheiro dos Censos de poboación anuais a 1 de xaneiro de 2023 que o Instituto Nacional de Estadística (INE) facilita ao IGE.

Debido a que nalgúns casos os nomes na fonte orixinal figuraban con acentos e noutros sen eles, optouse por eliminalos. Para cada comarca só se facilita información dos nomes máis frecuentes que á súa vez teñen unha frecuencia maior a 5 habitantes.

Non queremos deixar de sinalar que esta información non é exhaustiva da distribución dos nomes na poboación galega, pois a fonte orixinal ten errores de gravación dificilmente subsanables.

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo